República Independente de Donís

A República Independente de Donís declarárona os veciños da localidade de Donís, na serra dos Ancares no ano 1873 e desapareceu logo duns días, coa chegada da Garda Civil na procura do recadador de impostos.[1][2]

República Independente de Donís

1873
Capital Donís
Lingua galego
Goberno República
Historia
 • Establecido 1873

ContextoEditar

Nos anos 60 do século XIX o Reino de España sofreu unha importante crise económica e política que levou á Revolución de 1868. Isto supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o comezo do chamado Sexenio Democrático (1868-1874), durante o cal acabou proclamándose a Primeira República Española o 11 de febreiro de 1873.

Donís, pola súa banda, era unha das vilas máis historicamente reivindicativas da zona cervantega.[3]

HistoriaEditar

No ano 1873, cando o alguacil de Cervantes, Francisco Trabado Ponte, en calidade de axente executivo, quixo levar a cabo a cobranza da contribución, a cal xa tiña que ter executado, os veciños negáronse por considerárena excesiva. Perante as súas ameazas, prendérono na capela e proclamaron a República Independente de Donís. Esta condición foi efémera, pois a Garda Civil puxo fin a rebelión dos veciños e liberou ao recadador días despois.[3][4]

NotasEditar

  1. Pereira, Dionisio (12 de agosto de 2020). "Cartografías disidentes". Nós Diario. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 
  2. Castro, Manuel López (2010-06-10). "MI TRIBUNA: Donís se declaró en república independiente para no pagar impuestos". MI TRIBUNA. Consultado o 2023-02-07. 
  3. 3,0 3,1 "Historia de Cervantes: "Cervantes foi un feudo do republicanismo"". Entrelinguas. febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  4. Moure, Xabier (xaneiro de 2011). "Historias, tradicións e lendas do concello de Cervantes". Colectivo Patrimonio dos Ancares. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar