Conversa:Rapa das bestas

Untitled editar

Cando fixen esta páxina, fíxena considerando que o curro de Sabucedo é coñecido co nome de Rapa das Bestas, os demais adoitan ser curro de ... así curro da valga, etc.

É certo que Rapa das Bestas se refire tamén á operación concreta de rapar os cabalos.

Pero tal e como quedou o artigo é unha trapallada. Non sei moito de como se fai a operación de rapa de se hai variantes, etc así que procurarei enterarme pero se alguén o coñece ben seguro que o fai mellor. Pero desde logo o que pon agora non vale, así posto hai cousas que non son certas.

O texto que había antes paseino a "Rapa das bestas de Sabucedo".

Faltan dados. Habería que explicar o procedemento para xuntar os cabalos e como son metidos no curro. Como e quen decide os que se achegarán aos cabalos e como se desenvolve todo dentro do curro. Tambén habería que indicar na explicación inicial que os cabalos son ceives, deixar isto ben claro. Non vaia a ser o demo que alguén pense que son cabalos de granxa --Nemigo (conversa)     14:01, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Volver á páxina "Rapa das bestas".