Conversa:Procnias albus

Último comentário: hai 4 anos de Miguelferig no tópico Nome

Nome editar

Penso que polo momento era mellor o nome científico como título. Campaneiro branco parece a tradución do castelán campanero blanco ou do inglés white bellbird ('paxaro campá branco'), que utilizaron na páxina web de referencia. É unha páxina xornalística, aínda que de divulgación científica, pero creo que como referencia dun nome común galego dunha ave do Amazonas non ten peso dabondo. No Brasil, onde está a maior parte da área de distribución da ave, chámanlle araponga.--Miguelferig (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 18:06 (UTC)Responder

Concordo. Como curiosidade, o seu nome portugués é Araponga-da-amazônia.--HacheDous=0 (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 18:27 (UTC)Responder
Si, pero agora, co novo acordo ortográfico, xa non poñen os trazos ou guións nos nomes dos animais.--Miguelferig (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 20:20 (UTC)Responder
Volver á páxina "Procnias albus".