Conversa:Prehistoria en Escocia

Último comentário: hai 10 anos de Sernostri no tópico Untitled

Untitled editar

Estou en desacordo coa creación deste artigo. Escocia é unha entidade política nacida moito despois da prehistoria, e non ten sentido falar dunha prehistoria escocesa. Creo que, en xeral, tendemos a clasificar todo por nacións / estados, metendo en unidades políticas modernas o que preexiste a esas realidades. Neste caso estamos supondo que a prehistoria escocesa é diferente da prehistoria británica ou da prehistoria do val do Forth, e non sei moi ben por que.

Creo sinceramente que debemos borrar este artigo. Se ten interese crear algo semellante será sobre as culturas prehistóricas concretas que habitaron no norte da illa de Gran Bretaña ou, se fose o caso, sobre a prehistoria en Gran Bretaña, ou nas Illas británicas, ou na costa atlántica europea, pois estas polo menos son realidades xeográficas que existían en época prehistórica. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de xaneiro de 2014 ás 15:08 (UTC)Responder

Douche a razón en todo o que dis. Eu tampouco creo que existise unha prehistoria moi diferente en Escocia que no resto da illa, nin moito menos que esta se limitase por unha fronteira moderna. Mais creo que este artigo ten utilidade, porque de ampliarse, permitiría acoutar e profundizar na información sobre os restos arqueolóxicos que foron descubertos no territorio escocés. Penso que o maior erro podería estar no título, xa que parece que Escocia existía como tal na prehistoria. Por iso, eu son máis partidario de cambiar o nome e chamalo Prehistoria en Escocia. Houbo unha conversa moi semellante a esta en Prehistoria en Galicia. --Breogan2008 conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 15:35 (UTC)Responder

Non exactamente. Houbo unha conversa sobre de/en, na que concordo (algo). Pero iso non significa que sexa unha maneira de manter o mesmo esquema nacional/estatal, de carácter presentista, a unha realidade histórica que non a ten. Porque... por que Prehistoria en Escocia? Por que non Prehistoria en Gran Bretaña? Que características ten unha prehistoria da que carece a outra? Podemos aprofondar en restos arqueolóxicos que 25 séculos despois se atopan en territorio escocés? Si, bueno, e no concello de North Lanarkshire. Dado que o artigo se está empezando, creo que o mellor é ou reorientalo a un artigo Prehistoria en Gran Bretaña ou borralo directamente. A illa de Gran Bretaña existiu na Prehistoria, e si que é unha realidade incontrovertible. --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de xaneiro de 2014 ás 18:00 (UTC)Responder

Está ben, entón coido que é mellor borralo artigo directamente, xa que case non ten información que pague a pena aproveitar. Elimino tamén a ligazón no artigo Escocia. --Breogan2008 conversa 24 de xaneiro de 2014 ás 21:52 (UTC)Responder

Xabier, o que comentas é absoluta e radicalmente certo, parabéns pola túa agudeza. Pero, ollo, senta un precedente que pode dar ao traste con boa parte dos artigos sobre Historia da Galipedia. É moi común o erro que ti comentas, non só na Galipedia, moito máis do que poida parecer nun principio. Por exemplo, é estritamente erróneo falar de reinos medievais identificándoos con estados/nacións modernos (Reino de Inglaterra) ou de categorías como a de Categoría:Reis de Alemaña (Alemaña, como tal estado, nunca tivo reis). Temos que fiar ben fino para ver a onde queremos chegar. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 29 de xaneiro de 2014 ás 21:58 (UTC)Responder

No actual territorio de Escocia houbo prehistoria, creo que iso non o discute ninguén, e se temos Historia de Escocia por que non habemos ter prehistoria de Escocia, a Wikipedia non é fonte primaria, existen centos de libros e traballos que levan no título Escocia aínda que nese momento ninguén lle dese ese nome nin existise como entidade (para empezar ningún territorio existía como o que agora entendemos como entidade na prehistoria), tres collidos ao chou: "The Early Prehistory of Scotland" "The Prehistory of Scotland" "Scotland in Ancient Europe: The Neolithic and Early Bronze Age of Scotland in Their European Context". E iso vale para Alemaña, Rusia ou Galicia.--Sernostri (conversa) 29 de xaneiro de 2014 ás 22:15 (UTC)Responder
Volver á páxina "Prehistoria en Escocia".