Conversa:Prebe (Terra Media)

Último comentário: hai 1 ano de Manudosde no tópico Nome da canción "The Man in the Moon Stayed Up Too Late"

Problema ao engadir referencias editar

Moi boas, hai un anaco que non contribúo en serio na Galipedia e estou un pouco enferruxado. Antes de pórme a editar consultei o artigo https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Citar_as_fontes e tentei copiar a cita para A Irmandade do Anel dende o artigo homónimo, pero ao pegar a referencia, engadindo o número de páxina, sáeme un erro de formato. Se alguén me pode botar unha man agradeceríallo inmensamente. Grazas de antemán. Manudosde (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 10:33 (UTC)Responder

  Feito!. @Manudosde Benvido de novo.--MAGHOI (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 10:35 (UTC)Responder
Moitas grazas! Na segunda cita a páxina sería distinta. Como fago para inserila? Probei a engadir p. 191 dentro do código da cita pero dáme un erro. Manudosde (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 10:43 (UTC)Responder

Referencia a Tom Bombadil editar

Buscando a orixe da afirmación de que Tom Bombadil chamara "encantadora" á aldea de Prebe non atopei nada nos capítulos d'A Irmandade do Anel. Vexo que a páxina en castelán tamén contén esa afirmación, pero sen referencias. Na páxina en inglés non está, só se fala da alusión de Tom a Prebe, a O Poni Rampante e a Orxeiro Manteiga (páxina 188 da novela en galego). Non sei cal é o modo de proceder nestes casos. Convén eliminar a referencia ou esperar que alguén atope a cita orixinal? Grazas. Manudosde (conversa) 11 de outubro de 2022 ás 13:25 (UTC)Responder

Adición de sección O Poni Rampante editar

Incluín esta sección no artigo xeral de Prebe, como na páxina en inglés, porque se cadra é pequena de máis para ter artigo propio. Se non hai inconveniente neste sentido, cómpre modificar as ligazóns xa presentes d'O Poni Rampante para que leven a "Prebe", algo que podería facer eu mesmo. Manudosde (conversa) 12 de outubro de 2022 ás 13:15 (UTC)Responder

Nome da canción "The Man in the Moon Stayed Up Too Late" editar

Teño localizada a canción en cuestión, pero na novela non se menciona o título, así que traducino eu, baseándome un pouco na versión portuguesa. O que non é seguro é a parte "deitouse moi tarde". "O Home da Lúa" aparece no libro. Manudosde (conversa) 12 de outubro de 2022 ás 17:24 (UTC)Responder

Volver á páxina "Prebe (Terra Media)".