Conversa:Párkinson
Untitled
editarA enfermidade de Parkinson debe o seu nome ó doutor que a descubriu hai case 200 anos, James Parkinson. Co tempo, acabou por converterse nun substantivo común que designa, de forma abreviada, a propia enfermidade: o párkinson.
Tal como responde o Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega á consulta que lle fixemos, cando actúa como substantivo común conserva a grafía do nome de orixe pero se escribirá con minúscula e con til (o párkinson é unha enfermidade terrible); pero cando forma parte do sintagma “enfermidade de...” escribirase na súa forma orixinal (como apelido do doutor), con maiúscula e sen til (a enfermidade de Parkinson é unha enfermidade terrible).
O mesmo criterio aplicarase no caso de alzhéimer e a enfermidade de Alzheimer.
A seguir, transcribo o correo recibido o día de hoxe do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega:
- Efectivamente, ambos os dous termos teñen o mesmo tratamento, ao se considerar que se xeneralizaron como substantivos comúns para denominar as enfermidades correspondentes.
- Xa que logo, escríbense con minúscula inicial e, malia conservaren a grafía do nome do que se tomaron (como é habitual nos estranxeirismos que non contan cunha forma adaptada), si se acentúan consonte o indicado ao respecto no punto 2.6. das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (“As palabras estranxeiras de circulación corrente, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación”).
- Pola contra, como ben indica no seu correo, como parte do sintagma “enfermindade de ...” utilízase o nome con maiúscula, na súa forma orixinal.
- Atentamente,
- Seminario de Lexicografía Real Academia Galega (RAG)
Pedro --Lameiro (conversa) 1 de setembro de 2016 ás 20:11 (UTC)
Nota bene: cómpre agradecer a Miguelferig a observación do tratamento incoherente (e incorrecto) que faciamos na Galipedia destes termos.
Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Párkinson. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20170419194752/http://www.diamundialdelparkinson.org/ á ligazón http://www.diamundialdelparkinson.org/
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20180402101325/http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=79&idNoticia=285739 á ligazón http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=79&idNoticia=285739
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de marzo de 2020 ás 01:46 (UTC)