Conversa:Nó sinusal

Último comentário: hai 6 anos de Miguelferig no tópico Título

Título editar

O título do artigo é "nó sinusal", pero ó comezo chámaselle "nó sinoauricular", son sinónimos? Se son sinónimos o artigo debería comezar con "O no sinusal..." e logo indicar que tamén se chama "nó sinoauricular". Se isto non é así entón hai que cambiar o título ou cambiar o contido do artigo... Miguelferig, podes revisar isto tamén? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 12:27 (UTC)Responder

atrionector s.m. Nó sinoaruricular [1] Banjo tell me 23 de xuño de 2017 ás 12:49 (UTC)Responder
Engadino no artigo, grazas Banjo! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 13:31 (UTC)Responder
A referencia é para "sinoaruricular", non "sinoauricular". Se non hai referencias para o resto de nomes hai que retiralos. Banjo tell me 23 de xuño de 2017 ás 13:32 (UTC)Responder
A páxina non é da miña autoría, pero dou a miña opinión. No Diccionario Galego de Termos Médicos de 2002 vén, por exemplo: "Arritmia sinusal. Irregularidade do latexo cardíaco debida a interferencias nos impulsos orixinados no nó sinoauricular." Tamén aparece nódulo sinusal ou sinoauricular no termo nódulo, xunto co seu sinónimo nodulo de de Keith e Flack (e tamén nódulo atrioventricular ou auriculoventricular), pero a voz non a utiliza con ese significado (aínda que xa citei entre comiñas unha frase do dicionario, situada noutra entrada, en que si). O Vocabulario de Medicina de 2008 usa nó e nódulo facéndoos sinónimos, pero non dá definicións do que se refire exactamente. O DRAG usa nódulo cun significado médico (pero parece que referido aos nódulos patolóxicos) e usa nó con significados non médicos. Parece, pois, que sinusal ou sinoauricular si teñen algunha referencia, e que entre nó e nódulo parecen preferir nódulo (segundo entendo eu), pero tamén usan nó. Non sei que é o que di Banjo sobre "sinoaruricular", que penso que é un termo que non existe, un erro, en lugar de sinoauricular, que ten todo o sentido. Téñase en conta tamén que á aurícula do corazón tamén se lle chama atrio, de aí o de atrial = auricular. --Miguelferig (conversa) 23 de xuño de 2017 ás 17:18 (UTC)Responder
Vale, moitas grazas pola información Miguelferig, creo que agora o artigo xa está ben.
Volver á páxina "Nó sinusal".