Conversa:Miñoca

Último comentário: hai 3 anos de Miguelferig no tópico Nome

Nome editar

Miñoca é o nome que reciben anélidos terestres oligoquetos (por exemplo, Lumbricus terrestris), pero TAMÉN anélidos mariños poliquetos (como Arenicola marina). Ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miñoca.. Por tanto, habería que reformar algo a páxina, xa que está moi orientada cara aos oligoquetos (páxina existente). Na miña opinión, hai dúas opcións. A primeira é que, dado que existen as páxinas Lumbricus terrestris, Arenicola marina e oligoquetos, esta páxina podería ser unha páxina de "nomes comúns de animais", que explique o nome, os sinónimos e as ambigüidades destes, mencionando todas as especies que se denominan miñoca case como se fose unha páxina de homónimos. A segunda opción sería titular a páxina Crasiclitelados (xa que en wikidata está inscrita así), pero nese caso penso que habería que poñer dito nome como título, xa que miñoca poden ser animais de grupos distintos.--Miguelferig (conversa) 9 de maio de 2020 ás 20:22 (UTC)Responder

Volver á páxina "Miñoca".