Conversa:Materia prima

Untitled

editar

Non acabo de entende-la razón deste artigo. Por unha banda contén erros de concepto:

  • Primeiro afirma: "Trátase de materiais extraídos da natureza que serven para constrír bens de consumo", pero logo engade que "frecuentemente os produtos dunhas (industrias) serven de materia prima a outras", ergo xa non podemos dicir que se "extraen da natureza".
  • O concepto de materia prima depende do punto onde nos atopemos: para un muíño, a materia prima será o trigo; para unha panadería é a fariña; e para unha fábrica de bocadillos, o pan xa elaborado.
  • "As materias primas clasifícanse segundo a súa orixe: madeira, metal, pedra, etc." ¿isto é unha clasificación ou unha descrición?
  • "Antes de construír ou fabricar definitivamente un ben de consumo, as materias primas transfórmanse nun primeiro paso en produtos semielaborados ou semiacabados". Unhas veces si, outras non: mos tres exemplos que puxen antes, non hai ningún produto "semielaborado". Pero un cocedoiro de atún fabrica lombos cocidos de atún (produto semielaborado) que logo utilizará a fábrica de conservas como materia prima para facer latas de atún en aceite vexetal.
  • Por outra banda, se a clasificación por usos é para formigón e para morteiro, ¡anda que non nos quedan materias primas que listar...!

Pedro --Lameiro (conversa) 22:43, 17 abril 2008 (UTC)

Estou de acordo. A páxina correspondente da Wikipedia inglesa (inda hai ligazón) semella que foi borrada. A páxina da w.española semella propia dun dicionario, non dunha enciclopedia. Ou alguén é capaz de dicir algo coherente sobre este tema ou creo preferible propor a páxina para borrar ou para ser borrada drectamente por carecer de contido enciclopédico.--Lmbuga Commons - Galipedia 16:35, 18 abril 2008 (UTC)
  • Onte troquei algo a introdución axudándome do artigo inglés (corrixín o interwiki), a ver que vos aprece agora, está mellor? --Toliño Fala aquí comigo 10:19, 19 abril 2008 (UTC)
Volver á páxina "Materia prima".