Conversa:Marineda City

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Ubicación editar

Poidera ser boa idea incluir un mapa ca ubicación do centro comercial. --Nemigo GZ (discusión)     18:31, 25 de xuño de 2012 (UTC)

Máis que iso, o que sería bo é poñer unha imaxe xeral do complexo. --Toliño Fala aquí comigo 12:14, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Xa o pensei varias veces pero non me cadrou de pasar por alí coa cámara, a ver se cae para a próxima vez. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:55, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Non penso que sexa posible amosar nunha soa foto Marineda City. Outro problema é que sempre hai xente por alí e facer unha foto na que non se vexa a ninguén non é doado --Nemigo     13:16, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Fotografías con licenza compatible en flickr: [1] --. HombreDHojalata.conversa 20:43, 17 de xullo de 2012 (UTC)
E que se fai con isas fotos para empregalas na wikipedia? Hai que subilas ao server da wikipedia? --Nemigo     21:32, 17 de xullo de 2012 (UTC)
Si, podes pasalas a Commons con esta ferramenta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:28, 17 de xullo de 2012 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Para empregar a ferramenta hai que darse de alta. Tes máis instrucións na miña páxina de usuario, no cadro "Aviso para os usuarios que empregaban unha ferramenta para subir fotos de flickr e deixoulles de funcionar". --. HombreDHojalata.conversa 23:13, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Xa puxemos algunhas fotos en Commons, están feitas dende o coche (de casualidade pasei hoxe por alí, mira ti :) mentres non vou por alí con máis calma, están nesta categoría, a ver se vale algunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:36, 17 de xullo de 2012 (UTC)
  Feito! --Nemigo     00:29, 18 de xullo de 2012 (UTC)

Centros comerciais editar

Xa postos, hai un número considerable de centros comerciais en Galicia que non teñen artigo na Galipedia. Agora mesmo só hai 4 artigos na Categoría:Centros comerciais de Galicia. Hai meses creei uns artigos mais ben básicos e moi mellorables referidos ó Centro Comercial Compostela e ó Área Central da miña cidade, Santiago de Compostela. Se alguén quere crear os artigos sobre os moitos que faltan, ánimo, e senón xa me porei eu en agosto. O tema da de si, xa que me veñen á memoria alomenos 20. O tema é interesante abondo para lle adicar unha ou dúas semaniñas, e coido que ten unha relevancia económica salientable a nivel local, na terra que paríu a Inditex e Gadisa. Un saúdo e bo verán. -- JonnyJonny (conversa) 10:46, 18 de xullo de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Marineda City. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 20:43 (UTC)Responder

Volver á páxina "Marineda City".