Conversa:Mancebo

Último comentário: hai 6 anos de HombreDHojalata no tópico Dicionario da Real Academia Galega

Untitled editar

  • Por internet vexo que o significado máis frecuente de mancebía (en castelán) é o de prostíbulo, e refírome aos séculos XVII e posteriores. Non sei, parece conveniente aclarar isto. --Xoán Carlos Fraga 10:51, 18 marzo 2010 (UTC)
  • Si, estar amancebado era cohabitar "en pecado", ou sexa, sen casar, pero referido a vivir coa manceba, non co mancebo. De todos modos ti mesmo dis que iso é en castelán, non vexo claro que haxa que previr aquí erros aos que pode levar un descoñecemento da lingua. Se se trata de sermos prácticos, podémolo facer excepcionalmente, pero como norma xeral non estou de acordo. --Xoacas(Góstache o pemento?) 12:26, 18 marzo 2010 (UTC)
  • En galego a mancebía, seguindo o Gran Xerais, pode ser:

1.- a situación dunha persoa que vive amancebada (é dicir, teren relacións sexuais sen estar casados)

2.- Bordel ou casa de prostitución.

3.- Adolescencia.

Penso que no artigo tamén hai que deixar constancia dos outros significados, como noutros artigos onde se pon "para outro significados, véxase ...".--Xoán Carlos Fraga 12:36, 18 marzo 2010 (UTC)

  • Cando falaba de descoñecemento da lingua, polo que vexo estaba falando de min. Tes razón, unha páxina de homónimos non viría nada mal aquí. (Nota mental: comprar un dicionario). --Xoacas(Góstache o pemento?) 12:45, 18 marzo 2010 (UTC)

Dicionario da Real Academia Galega editar

 
Dicionario da Real Academia Galega
mancebía

substantivo feminino
   popular Prostíbulo.
   De mozo frecuentou as mancebías.

--. HombreDHojalata.conversa 29 de xullo de 2017 ás 22:07 (UTC)Responder

Volver á páxina "Mancebo".