Conversa:Literatura anglosaxoa

Discussões ativas

UntitledEditar

Penso que o título deste artigo debería ser Literatura anglosaxona, con n e non sen ela. Non? --Toliño (Fala aquí comigo) 12:04, 22 setembro 2007 (UTC)

  • A min tamén me soa mellor o que dis ti, pero é o que propón o VOLGA. --Xosé (✉) 12:17, 22 setembro 2007 (UTC)
  • A forma correcta é <anglosaxoa> segundo o VOLGA. Creo que o sufixo <-ona> só é axeitado cando é despectivo como en <lambona>. Eu teño outra dúbida: como escribo Northumbria? Con <h> ou sen ela? A orixe do territorio vén de <north> e <Humber> (o río que divide Inglaterra entre norte e sur). Northumbria é o territorio que queda ao norte do Humber. Escríboo con <h> ou sen ela? Cando o escribín por vez primeira escribino con <h> pero logo foi corrixido e eliminouse. Cal é a mellor opción? --Cabaleiro de Espadas 13:58, 4 novembro 2007 (UTC)
    • Como non existe tradición galega respecto a ese nome, eu diría que se respectara o nome orixinal, Así que eu prefiro Northumbria. Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:27, 4 novembro 2007 (UTC)

Títulos orixinais dos poemas en inglésEditar

Como os escribo? Segundo lin no libro de estilo os poemas van escritos entre aspas e os estranxeirismos non integrados en cursiva. Vale, eu o que fixen foi poñer o título orixinal en inglés entre aspas, porque é o título dun poema, e en cursiva, porque o título está nun idioma estranxeiro; e coa tradución entre parénteses. Iso é o que se fai normalmente ou teño que cambialo? --Cabaleiro de Espadas 20:40, 14 de abril de 2011 (UTC)

Así está ben. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:40, 14 de abril de 2011 (UTC)

Volver á páxina "Literatura anglosaxoa".