Conversa:Lista de medallistas olímpicos galegos

Hermida Pena editar

Paréceme un erro incluir a José Antonio Hermida nesta lista. Hermida naceu en Cataluña, vive en Cataluña e o máis importante e que deportivamente sempre representou á federación catalana de ciclismo. Outros deportistas da lista naceron fora de Galicia, pero ninguén pode escoller onde nace. Iso sí, despois poden escoller onde vivir e a qué federación representan deportivamente, como é o caso de Gómez Noya. Non sei de qué serve meter a Hermida nunha lista de deportistas galegos para que a xente lea o artigo e marche enganada pensando que é galego e non catalán. É a miña humilde e decepcionada opinión. Lembrarei este artigo a seguinte vez que Hermida vista o traxe da selección catalana de ciclocross nun campionato de España. -- JonnyJonny (conversa) 10:52, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Totalmente de acordo contigo, JonnyJonny. Penso que o deberíamos quitar da listaxe. --VaiPolaSombra (conversa) 11:10, 12 de agosto de 2012 (UTC)
Eu penso que non debemos considerar as nacionalidades como excluíntes. Ao contrario. De ter artigo, Hermida Ramos, podería ir tranquilamente dentro das dúas categorías, Categoría:Deportistas galegos e Categoría:Deportistas de Cataluña (ou as súas correspondentes subcategorías). --. HombreDHojalata.conversa 11:51, 12 de agosto de 2012 (UTC)
Pois hai casos abondo nesta wikipedia nos que o criterio é a federación á que representa o deportista. No caso coñecido por todos de Lionel Messi, é un deportista con orixes italianos, con nacionalidade española, pero que naceu en Arxentina e representa a Arxentina, polo tanto está tan só na categoría de futbolista arxentinos, como é natural. ¿Poñeríadelo na categoría de futbolistas italianos?. A miña opinión baséase no criterio xeral non escrito desta comunidade para clasificar ós deportistas. -- JonnyJonny (conversa) 12:27, 12 de agosto de 2012 (UTC)
A verdade é que esta é unha discusión delicada porque acabamos entrando na eterna cuestión de de "Que fai galego a un galego?", e a resposta a iso é sempre subxectiva. Supoño que habería que establecer un criterio claro de inclusión/exclusión para non caer en incoherencias. Neste caso, Hermida está incluído neste artigo, mais non o está no artigo Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012. Deberíamos tomar unha decisión e incluílo ou excluílo de ambos. A miña opinión, totalmente subxectiva, é que deberíamos de excluílo a non ser que el fixera algunha vez algún xesto claro de afirmación da súa galeguidade (p. ex., o xogador de fútbol nado en Suíza e de pais galegos Ricardo Cabanas xogou coa selección galega). Se dicimos que Hermida é galego, tamén poderíamos dicilo, por exemplo, de Fidel Castro. En fin, será cuestión de poñernos de acordo e establecer criterios o máis obxectivos posibles. Saúdos, --VaiPolaSombra (conversa) 16:43, 12 de agosto de 2012 (UTC)
Queda retirado, logo. --. HombreDHojalata.conversa 08:01, 16 de agosto de 2012 (UTC)

Interesante conversa. Creo que debería estar na lista, se ben con algúns asteriscos. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 07:42, 21 de setembro de 2012 (UTC)

Volver á páxina "Lista de medallistas olímpicos galegos".