Conversa:Linguaxe de Modelaxe Unificada

Último comentário: hai 6 anos de HombreDHojalata no tópico Untitled

Untitled

editar

Traslado aquí unha mensaxe que deixou Moedagalega (conversa · contribucións) na miña páxina de conversa: --. HombreDHojalata.conversa 13 de setembro de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder

Correccións en "Linguaxe Unificada de Modelaxe"

editar

Bo día. Acabo de facer a corrección lingüística da entrada Linguaxe Unificada de Modelado. Entre outras cousas, cambiei a palabra modelado por modelaxe, única forma aceptada no DRAE. Cumpriría agora cambiar esta palabra tamén no título do artigo. Ademais, pido unha reflexión de alguén máis capaz ca min respecto á adecuación da tradución do inglés Unified Modeling Language, xa que eu considero que o adxectivo unificado/a non vai con linguaxe, senón con modelaxe. De ser así, o título do artigo debería ser Linguaxe de Modelaxe Unificada (acorde coa tradución da Wikipedia en francés e tamén moi utilizada en castelán -ver resultados en Google-). Grazas. --Moedagalega (conversa) 13 de setembro de 2017 ás 06:29 (UTC)MoedagalegaResponder

Volver á páxina "Linguaxe de Modelaxe Unificada".