Conversa:Linguas indoeuropeas

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)

Plural editar

Quizais este sexa un dos casos en que é mellor poñer o artigo en plural, ou ben cambialo a Familia de linguas indoeuropeas, tal como está e antes de o mirar parecera que se vai falar do protoindoeuropeo, a reconstruída lingua común ás actuais linguas indoeuropeas--Rocastelo 22:06, 31 Mar 2005 (UTC)

Efectivamente, o título apropriado para este caso sería "indoeuropeo" ou "linguas indoeuropeas". No primeiro caso entende-se que o tema é o "proto-indoeuropeo" e no segundo a "familia de linguas indoeuropeas". Un terceiro artigo seria "indoeuropeos", que non seria de tipo lingüístico senón histórico. Creo ter lido unha discusión sobre que para as linguas se acordara que ian precedidas de "lingua". Non sei. Por iso non toquei o título nen fixen mención, pero concordo contigo. Fago-me en cargo de desenvolvelos todos para a semana e xa os distribuiremos. Xosé(Falarlle) 22:17, 31 Mar 2005 (UTC)
A resposta a cal debe ser o título da páxina neste caso esta no lateral esquerdo baixo outras linguas, estamos enlazando a artigos en plural. E o contido do artigo aconsella que o título da nosa páxina tamén sexa en plural. É diferente aos outros casos onde se establece como regra o uso do singular. A discusión sobre os artigos precedidos pola palabra lingua tiña que ver con páxinas como: catalán, polaco, ruso,... que acordamos que se convirtan en páxinas de homónimos (aínda non o puxemos en práctica) e redirixan a Lingua catalana, Lingua polaca, Lingua rusa,.... á vez que a Cataluña, Polonia, Rusia,... Saúdos. --Prevert(talk) 22:33, 31 Mar 2005 (UTC)
Os enlaces non son todos a artigos en plural (p.ex., catalán, esperanto,...). Se se miran os contidos en si veredes que tamén son distintos ("proto-indoeuropeo" uns, "familia indoeuropea" outros), o cal reflexa a confusión existente. Ou sexa, que haberá que revisar esas ligazóns en canto se redacten eses tres artigos (a non ser que alguén se queira ocupar agora e o vaia facendo). Xosé(Falarlle) 22:48, 31 Mar 2005 (UTC)
Non me parei a ollar o contido de todos os artigos, na miña opinión hai unhas referencias que teñen vai interese que outras: Inglés, Alemán, Francés, Portugués,... normalmente porque teñen moitos artigos e tiveron que resolver os mesmos problemas antes que nós. En cuestións técnicas en cambio hai unhas wikipedias máis pequenas que teñen gran calidade. Tampouco pretendía dicir que porque outros teñan o artigo en plural nós debemos facer o mesmo, só o considero unha referencia. Se o artigo ten que ir en plural é porque o propio contido suxire que sexa así. En canto as inconsistencias das ligazóns como dís haberá que revisalas. Saúdos. --Prevert(talk) 23:00, 31 Mar 2005 (UTC)

Perdón polo meu galego, non o falo, o mirandés e unha variante lingüística do leonés ocidental e non do galegoportugués, por favor si podedes correxide ese erro. Gracias e sorte. --ast:User:Henrique

--81.172.39.180 22:39, 19 xullo 2005 (UTC)
As diferentes divisións das linguas e variedades non se sabe a que criterio responden, aparecía o caboverdiano como lingua galego-portuguesa cando a maioría dos autores a meten como lingua creoula, o eonaviego como fala de transición, ou linguas occitanas cando a maioría de autores a pesar das diferenzas falan de lingua occitana polo tanto revertín a edición.--Arco de Rayne 05:21, 15 xullo 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Linguas indoeuropeas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 14:52 (UTC)Responder

¿Cantas son realmente? editar

Poñámonos de acordo. No primeiro parágrafo dicimos que as linguas indoeuropeas "Agrupan preto dun milleiro de linguas faladas hoxe en día". Pero no segundo parágrafo xa se rebaixa a cifra e xa "Son preto de 450 linguas". Pedro --Lameiro (conversa) 30 de decembro de 2018 ás 20:07 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Linguas indoeuropeas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de xuño de 2019 ás 23:45 (UTC)Responder

Volver á páxina "Linguas indoeuropeas".