Conversa:Léxico de O Grove

Untitled editar

Trátase dunha relación de 37 voces e 3 expresións que, de acordo co título, identificarían o léxico do Grove:

  • O título é incorrecto xa que tiña que contraer: Léxico do Grove.
  • Dá como referencias "datos propios", o que non permite as normas da Galipedia.
  • Engade, tamén como referencia, o Léxico de O Grove (sic, é de 1974)), de Enríquez Salido.
    • 12 das 37 voces non veñen neste Léxico (pitroco, baldragas, espinicar, rueiro, enzoufar, frescallo, agasofiado, manquito, caballito, puxeiro, gasiosa e zotea), e tampouco ningunha das 3 expresións.
    • Outras voces (néboda, palanquín, comenensias, cusiña, atrogallar) danse de forma diferente a como as recolleu Enríquez Salido (nébodas, palenquín, comenensia, cosiña, atrogallarse). O caso de *sagadoiro por salgadoiro supoño que será un simple erro.
    • Os significados son máis ou menos parecidos ós que dá Enríquez Salido, e supoño que se debe máis a esa información persoal (acepcións, significado, nomes científicos, etc.). Hai significados distintos (verdín como lique e non como alga, loxe como alpendre e non caseta ou corte, vaghear como dicir ou facer parvadas e non como face-lo vago) que creo máis acertados que os da fonte.
    • A "normativización" de sanjuán por zanguan paréceme un invento.
  • Non sei a que criterio obedece dicir que este léxico é do Grove -sobreentendido como exclusivo do Grove- cando hai cantidade de voces comúns a moitos outros puntos de Galicia (salgadoiro, galdropada, estruga, prixel, frescallo, garabullo, xabrón, piorno, etc.). Non entendo tampouco que poden ter estas 37 palabras -e non outras tropecentas- para ser "representantes" da fala meca.
  • Boto en falta unha ordenación alfabética das voces.

Iso si, en xeral, podo confirmar que se trata de vocabulario empregado aquí e con este significado, pero non sei como se podería referenciar. Só hai -que eu saiba- este estudo do léxico do Grove, e logo unha recompilación deste en Glosario de Voces Galegas de Hoxe. Tampouco entendo o sentido deste artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:12, 14 xaneiro 2008 (UTC)

Tampouco lle atopo moito sentido a existencia deste artigo na Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 17:44, 14 xaneiro 2008 (UTC)


  • Na miña opinión cumpre cos requisitos de borrado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:05, 14 xaneiro 2008 (UTC)
Volver á páxina "Léxico de O Grove".