Conversa:Jean Calvin

Último comentário: hai 6 anos de Isili0n no tópico Xoán Calvino

Untitled editar

Ola, aos usuarios que vos preocupades por mellorar este artigo en tan pouco tempo, moitas grazas. O certo é que algunhas faltas de ortografía escapáronseme (e iso que o revisei) - non teño moita costume de escribir en galego. Pontovilio (fálame) 17:41, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Mover Xoán Calvino a Jean Cauvin? editar

Outro tema é o de mover Xoán Calvino a Jean Cauvin. Entendo que o correcto é non traducir os nomes á nosa lingua e deixalos na súa lingua materna, pero neste caso non creo que sexa o mellor posto que Jean Calvin ou Ioannes Calvinus foron os nomes máis empregados por el e polos seus compatriotas. Entendendo que a galipedia ten un valor estritamente enciclopédico e polo tanto debería referirse ó nome máis extendido polo cal se lle coñece, se fose que no medio francés se lle coñecía por Cauvin estaría ben pero o caso e que se lle chamaba polo nome latinizado "Jean Calvin" que é a romanización francesa do nome "Ioannes Calvinus".

O máis corecto sería referirse a él como Ioannes Calvinus, nome no que firmou a súas obras incluso aquelas que escribía en francés (exemplo)

 
O texto está en francés e vese claramente na firma o nome latinizado

E do mesmo xeito que non se referencia nas enciclopedias por Iulius Caesar a Xullo César, nin tampouco Erasmus no canto de Erasmo, a romanización galega de Iohannes Calvinus a Xoán Calvino é a máis correcta, así o fai o francés: Jean Calvin, o portugués: João Calvino, o castelá: Juan Calvino, o italiano: Giovanni Calvino... Pontovilio (fálame) 17:41, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Temos un caso semellante con Carl von Linné que nos seus traballos latinizaba o seu nome a Carolus Linnaeus. Penso que é mellor emprega-los nomes orixinais de ambos (de Carl e de Jean). En todo caso mover Cauvin a Calvin e deixalo como Jean Calvin, como na wiki portuguesa. O nome latinizado quedaría como redirección. --Alberte Si, dígame? 21:51, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Creo que nos entendemos ben, sería boa idea deixar Jean posto que é o nome francés e non presenta ningún problema ó identificalo con Xoán. No que se refire ó seu apelido pode ser boa idea deixalo como na wikipedia francesa "Calvin". Dis que na portuguesa a entrada é Jean Calvin, pero alí é João Calvino que é como se lle conoce por outra banda no pais luso. Eu non sei moi ben como facelas redirecións (son novo na wikipedia e vou aprendendo ós poucos) se podes correxilo tí agradézocho. Tamén sería boa idea que se redirixise con so poñer "Calvino" e "Calvin" xa que a meirande parte da xente na miña opinión non coñece o nome propio. Pontovilio (fálame) 22:47, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Logo de tan longa discusión, o feito é que o artigo obedece ó título Jean Calvin aínda que no texto só se emprega a forma Xoán Calvino ou, simplemente, Calvino. Nin siquera na entradilla se dá como variante ese Jean Calvin senón que di que Xoán Calvino[1] ... foi un dos principais reformadores ..., e nesa nota dicimos que foi nado como Jean Cauvin. Nótese que xogamos con Cauvin, Calvin e Calvino, e Jean ou Xoán. Pedro --Lameiro (conversa) 25 de xaneiro de 2015 ás 21:19 (UTC)Responder

Xoán Calvino editar

No último setestrelo do Portal das Palabras dedicado ao quinto centenario da Reforma protestante aparece a forma Xoán Calvino. Non cumpriría mudar o título para ademais manter a harmonía coa forma Martiño Lutero? --Isili0n (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 13:11 (UTC)Responder

Volver á páxina "Jean Calvin".