Conversa:Iago Fernández

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Cambios no texto editar

Son o propio Iago Fernández e solicito cambiar o texto deste artigo. Atopeino de casualidade e como está moi incompleto e mesmo ten erros, intentei editalo (fracasando no meu intento por borrar referencias). Pregúntome como facer para lograr cambiar o texto. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.151.83.158 (conversacontribucións) 8 de outubro de 2016 ás 17:15‎

Se es o propio Iago Fernández non deberías modificar o texto, habería un conflito de intereses. Iso si se podes indicar os erros que hai no artigo nesta páxina de conversa entón si que sería máis doado que algún editor os corrixise.--HacheDous=0 (conversa) 8 de outubro de 2016 ás 16:40 (UTC)Responder

Ola de novo. Non entendo ben o motivo polo cal se vai borrar o artigo por terme molestado en correxilo e amplialo. Non estou dacordo co conflito de intereses, posto que considero que quen se animou a publicar un artigo sobre min debería informarse un pouco máis e non poñer calqueira cousa. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.151.83.158 (conversacontribucións) o 22 de outubro de 2016 ás 15:26‎

Posible conflito de intereses editar

O artigo foi amplamente modificado hai uns días por un usuario que se rexistrou exclusivamente para engadir contidos neste artigo. E estas modificación producíronse un día despois desta mensaxe. Cómpre revisión polo miúdo. Engado un {{GloriaVa}} preventivo. --Toliño Fala aquí comigo 15 de outubro de 2016 ás 11:58 (UTC)Responder

pois sí, o artigo foi amplamente modificado por min, porque non me pareceu ben a pouca e errada información que contiña. Entendo que poida supoñer un conflito de intereses, pero de haber un artigo sobre a miña carreira artística, éste estará debidamente documentado, polo ben d@s vos@s lectores/as. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 62.151.83.158 (conversacontribucións) 22 de outubro de 2016 ás 15:34‎
Efectivamente, estás no certo. Por suposto, o noso obxectivo é termos un artigo correcto, conciso e verificable por fontes externas. Pero o problema é que non podes editar un artigo que trata sobre ti mesmo (o conflito de intereses provócalo ti). Non obstante, si podes deixar nesta conversa calquera aspecto, dato ou información que sexa incorrecta. Entón, outro editor engadirá ou corrixirá esa información. Mais, repito, necesitamos que a información proveña de fontes acreditadas que respalden as afirmacións. Con todo, semella que un editor vai intentar arranxar os problemas. --Toliño Fala aquí comigo 23 de outubro de 2016 ás 14:38 (UTC)Responder

Reestruturación editar

Hai tempo que non edito, pero houbo un tempo en que intetei que todos os músicos de jazz galegos en activo tivesen un artigo. O artigo ten relevancia para non ser borrado aínda que parte do contigo engadido non cumpre cos criterios da wikipedia polo que intentarei editalo, se alguén desexa amplialo e non coñece os criterios, por favor:

  • engade aqui (na páxina de conversa) o contido que consideras necesario
  • inclúe referencias onde se poda comprobar que o contido está documentado (non chega con que sexa "certo" ten que estar piblicado nalgures (publicacións escritas, webs...)

--emilio juanatey(talk) 23 de outubro de 2016 ás 10:38 (UTC)Responder

Grazas por tomar a tarefa (e por todo o traballo do pasado!). Un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 23 de outubro de 2016 ás 14:39 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Iago Fernández. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 02:06 (UTC)Responder

Volver á páxina "Iago Fernández".