Conversa:Helena de Borbón e Grecia

Último comentário: hai 1 ano de HacheDous=0 no tópico Nome galeguizado

Nome galeguizado editar

Ao ser unha nobre, o nome non debería ser galeguizado, coma ocorre cos reis, a Helena de Borbón e Grecia? En catalán si está catalanizado.Nachonion (conversa) 28 de abril de 2014 ás 11:41 (UTC)Responder

Usuario:Nachonion: segundo Wikipedia:Nomes propios de persoas, tradúcense "os membros da realeza, especialmente os monarcas, os emperadores (...), e outros membros da realeza cando exista a tradición de indicala". Penso que en galego non hai moita tradición de traducir o nome da infanta, pero sería cuestión de atopar referencias serias. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de abril de 2014 ás 11:55 (UTC)Responder
Para isto o mellor sería botar unha ollada tanto á Diciopedia como á EGU, a ver qué criterio empregan. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 12:43 (UTC)Responder
Exite unha certa tendencia a galeguizalo, así no Diccionario dos nomes galegos de Ir Indo figura expresamente Helena de Borbón, pero como di Norrin sería bo contrastalo con outras fontes.--Sernostri (conversa) 28 de abril de 2014 ás 14:00 (UTC)Responder
O curioso é que ninguén discutiu poñer "e Grecia", pero se poñemos a forma galeguizada do apelido hai que ser consecuentes e poñer a forma galeguizada do nome, ou caso contrario utilizar a forma oficial. Tamén se podería utilizar unha forma mixta se houbera referencias, pero curiosamente a única que se dá na discusión emprega o nome como Helena.--HacheDous=0 (conversa) 2 de outubro de 2022 ás 15:29 (UTC)Responder
Volver á páxina "Helena de Borbón e Grecia".