Conversa:Hórreo asturiano

Último comentário: hai 10 anos de Xoacas no tópico Fusión

Fusión editar

En realidade eu tiña entre os meus proxectos escribir o artigo sobre o Hórreo asturiano. Chegado ese momento a miña idea era solicitar a eliminación deste artigo. Na Península existen dous tipos de hórreo, o galego, de cámara estreita e longa, e o cantábrico, de cámara cadrada ou rectangular e presente en asturias, Cantabria, País Vasco e Navarra con diferentes denominacións. En Galicia hai presenza dos dous, ainda que non coexisten moito, pois parece que os límites na dristribución dun e doutro son bastante nítidos. Se hai que tomar algunha decisión sobre que facer con este artigo, eu diría que borralo: non existe ningunha tipoloxía de hórreo cantábrico que se poida considerar como característica da montaña galega, e moito menos dos Ancares. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13 de agosto de 2013 ás 10:48 (UTC)Responder

Entón non hai nada deste artigo que se poida aproveitar? Por que o poderías mover (sen deixar redirección) cara a Hórreo asturiano e desenrolalo dende aí. Digo, por non perder o historial, aínda que non sei se o que digo é unha parvada. --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2013 ás 17:34 (UTC)Responder

  Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de agosto de 2013 ás 00:40 (UTC)Responder

Volver á páxina "Hórreo asturiano".