Conversa:Groenlandia

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

Coido que debería eliminarse esta entrada na Galipedia, pois a forma correcta é Grenlandia e non deberiamos caer en poñer redireccións desde formas erradas, daría un pouco a impresión de que todo vale. Xa borrei os exemplos de Groenlandia, groenlandés e groenlandesa.--Servando2 (Dime) 01:16, 31 decembro 2008 (UTC)

Home, ten en conta que este erro é moi común (acábome de enterar de que é Grenlandia) --GallaecioE logo? 02:05, 31 decembro 2008 (UTC)
  • Aínda que concordo bastante con que se a entrada é incorrecta non debe redirixir, o certo é que no caso daqueles topónimos estranxeiros que teñen forma galega que aínda non estean o suficientemente espallados podíase deixar temporalmente (sempre pensando en suprimilos cando a forma estea máis asentada) para facilitar as procuras.--Biógrafo 15:50, 2 xaneiro 2009 (UTC)
  • Eu voto por   Borrar. --Toliño Fala aquí comigo 18:33, 2 xaneiro 2009 (UTC)
  • Eu tamén voto por borrar   Borrar.ElviraConversa comigo 15:44, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Grenlandia editar

A día de hoxe este artigo debería contar co nome "Grenlandia", sendo esta a única forma oficial en galego, co obxecto de espallar e dinamizar o seu uso. Tamén cómpre modificar os artigos pertencentes á categoría: http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Groenlandia—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.165.111.194 (conversacontribucións) 24 de novembro de 2013 ás 13:06‎

Segundo a RAG o nome en galego é Groenlandia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de novembro de 2013 ás 23:54 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Groenlandia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 05:15 (UTC)Responder

Volver á páxina "Groenlandia".