Conversa:Gaivota do Caspio

Último comentário: hai 5 anos de Miguelferig no tópico Nome

Nome editar

As referencias en galego que atopei para esta especie son co nome de gaivota patiamarela, no que coinciden as listas de Penas Patiño, Conde Teira e o Digalego. A referencia proporcionada no artigo debería borrarse, xa que se refiren ao nome español (gaviota del Caspio) e portugués (gaivota-do-Caspio). Suxiro cambiar o nome á páxina.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2018 ás 21:25 (UTC)Responder

Gaivota patiamarela xa existe asignado a outra especie. Se non son a mesma especie, e as referencias indicadas nesa outra páxina son fiables, habería que tratar as dúas páxinas como títulos homónimos Banjo tell me 15 de novembro de 2018 ás 21:33 (UTC)Responder
Parece que se trata da subdivisión da antiga especie en dúas, pero agora non sabemos a cal aplicar o nome de patiamarela, que se lle daba á especie conxunta, e segue sen haber referencia do nome de gaivota do Caspio.--Miguelferig (conversa) 15 de novembro de 2018 ás 22:40 (UTC)Responder
Volver á páxina "Gaivota do Caspio".