Conversa:Francisco Xabier González García

Untitled editar

Polo que vexo, todas as obras que se enumeran son artigos ou colaboracións. Non sei ata que punto convén mantelas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:08, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Non é así, entre elas existen libros editados, a coautoría non desmerece, máxime se és o coordinador. Non lembro se existe algunha norma na wikipedia galega que proscriba artigos en revistas especializadas. Sería moi de extrañar que se desprezaran as fontes máis técnicas a prol do mundo editorial comercial xeneralista. Dade un pouco de tempo para referenciar e ir completando os artigos ou que outros os melloren. Cando fixen artigos de filósofos extranxeiros non fostes tan rigorosos. Un artigo ou colaboración pode trocar todo un paradigma. Exemplos hai a eito. O Discurso do método de Descartes eran unhas cantas folliñas, e non somos os mesmos dende entón. O manifesto comunista de Marx e Engels outro tanto do mesmo e cambiou o mundo. Artigos da Revista Nós cambiaron o xeito de vérmonos como galegos e supoño, dioloqueira, que poderei citalos na galipedia cando cumpra.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 18:28, 15 de decembro de 2010 (conversacontribucións) 91.116.156.15

Volver á páxina "Francisco Xabier González García".