Conversa:Foia de Bunyol

Último comentário: hai 8 anos de Elisardojm no tópico Untitled

Untitled editar

Toda a comarca é castelanfalante, con substrato aragonés, onde nunca se falou valenciano polo que o lóxico sería que o título fose a forma Hoya de Buñol, xa que non hai unha forma galego haberá que utilizar a da lingua da zona, utilizar a catalá induce a confusión e a crer que é unha zona valencianofalante, ademais que non me parece moi lóxico utilizala neste caso.--Sernostri (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 15:53 (UTC)Responder
Segundo se votou na última modificación da política de topónimos e como non hai referencias dun nome en galego: Se existen varios nomes oficiais en distintas linguas, escóllese o máis coñecido para o título e como forma dominante, mentres que os outros poden empregarse como redirección. Non sei se Foia de Bunyol é oficial pero eu tamén penso que o nome máis coñecido é Hoya de Buñol e que debe levar o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 19:03 (UTC)Responder
Xa non estou seguro porque o valenciano é a lingua oficial da Comunidade Valenciana, habería que ver se teñen un nomenclátor ou algo así alí... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 16:41 (UTC)Responder
As comarcas na comunidade valenciana non teñen carácter oficial, en realidade son propostas de Demarcacións Territoriais Homologadas de tres graos para descentralización de servizos, as do primeiro grao é a que de forma oficiosa se veñen denominando comarcas. Como non se desenvolveu o estatuto e non se crearon as verdadeiras comarcas que se contempla alí en realidade non existe unha denominación oficial desas comarcas (que reitero: oficialmente non existen como tales) e en catalán empréganse formas catalás (aínda que sexan zonas de lingua castelá). Neste caso ao non existir forma oficial ningunha supoño que vale o criterio do primeiro editor.--HacheDous=0 (conversa) 30 de outubro de 2015 ás 17:35 (UTC)Responder
Ah, pois moitas grazas pola información HacheDous=0, queda aclarado entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2015 ás 08:44 (UTC)Responder
Volver á páxina "Foia de Bunyol".