Conversa:Filoxenia molecular

Último comentário: hai 9 anos de Miguelferig no tópico Problema con wikidata

Problema con wikidata editar

Temos un problema coas páxinas filoxenia molecular e análises moleculares de ADN. Fixen esta páxina sobre a filoxenia molecular, pero á hora de incluíla en wikidata, resultou que en wikidata todos os outros wikis utilizan o termo filoxenia molecular ou equivalente agás dúas, que son o wiki castelán e o galego, porque resultou que wikidata estaba ocupada xa polo termo galego análises moleculares de ADN (só en castelán e galego usan esa denominación) e non puiden incluír esta páxina de filoxenia molecular (a non ser que elimine a outra de wikidata). A páxina de análises moleculares de ADN xa a coñecía eu de antes, pero non me esperaba que estivese incluída desa maneira en wikidata. É unha páxina que empeza falando da sistemática molecular, pero despois é unha páxina que explica máis ben técnicas, e é moi interesante. Esta páxina que acabo de facer eu de filoxenia molecular trátaa máis ben como unha rama da filoxenia sen entrar moito en técnicas. O termo "sistemática molecular", como non estaba redireccionado a nada, redireccioneino a filoxenética molecular, aínda que despois vin que na páxina de análises moleculares de ADN empeza mencionándoa. Entón, non sei que se pode facer, porque o feito é que hai dúas páxinas que tratan aspectos dunha mesma cuestión. Ocórrenseme varias posibilidades:

  • Cambiar a wikidata desta páxina para "filoxenia molecular" e crear unha nova entrada de wikidata para "análises moleculares de ADN".
  • A redirección "sistemática molecular" redireccionala a "análises..." en lugar de a "filoxenia molecular" como está agora. Pero quedará sen resolver o de wikidata.
  • Fusionar as dúas páxinas, pero creo que tocan aspectos distintos dabondo como para que cada páxina poida ter entidade por separado, e ambas as páxinas son bastante extensas. De todos modos, creo que na galipedia debe haber unha páxina titulada filoxenia molecular, xa que é unha rama da bioloxía.

Por último, creo tamén que o título "análises moleculares de ADN" non se ten por que referir necesariamente a filoxenia. As análises do ADN fanse con todo tipo de propósitos e as máis das veces non se pretende facer unha filoxenia ou estudar a evolución duns taxons, pode facerse para estudar a expresión xénica, secuencialo con fins biotecnolóxicos, estudos metabólicos con xenes "preditos", uso en criminoloxía forense, estudos xenéticos de mutacións e enfermidades hereditarias, etc.--Miguelferig (conversa) 15 de xullo de 2014 ás 12:14 (UTC)Responder

Volver á páxina "Filoxenia molecular".