Conversa:Falla transformante

Último comentário: hai 5 anos de Miguelferig no tópico Nome pouco correcto

Nome pouco correcto editar

Para min o título deste artigo non é moi correcto, penso que o título debería ser bordo transformante ou falla transformante, e logo explicar na introdución o outro nome co que se pode denominar a isto. Este título ambigüo non concorda co resto de nomes de artigos do proxecto, se non hai algunha razón especial para mantelo como "bordo ou falla transformante", penso que debería renomearse. Que pensades Miguelferig e Viascos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2018 ás 08:20 (UTC)Responder

Concordo plenamente contigo Elisardojm. Penso que sería máis correcto Bordo transformante, é o que se emprega nos outros artigos sobre "límites de placa" (Bordo converxente e Bordo diverxente). Ademáis, para min, a falla é un aspecto máis do que sucede nun bordo ou límite de placas. Descoñezo se "límite" pudera ser válido. --Viascos (conversa) 17 de xullo de 2018 ás 09:03 (UTC)Responder
Falla transformante é de feito unha cousa distinta, por exemplo, hay fallas tranformantes nos bordos diverxentes. De feito, a única imaxe do artigo amosa estas fallas transformantes, pero nun bordo diverxente ou dorsal oceánica (artígo pírrico, por certo). Se podo póñome con elo despois dun longo periodo de letargo wikipédico --Viascos (conversa) 17 de xullo de 2018 ás 10:20 (UTC)Responder
Estou de acordo. Hai que utilizar un dos termos para o título da páxina e o outro como redirección. E haberá que ampliar o artigo cando se poida.--Miguelferig (conversa) 17 de xullo de 2018 ás 10:41 (UTC)Responder

  Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xullo de 2018 ás 16:12 (UTC)Responder

Perdón por dar traballo Usuario:Elisardojm, pero no meu parecer non elexiches o nome máis axeitado, explícome: o artigo vai máis enfocado a explicar o que é un tipo de límite ou bordo entre placas tectónicas, polo que o nome de bordo pareceríame mellor. Na en:wiki teñen dous artigos separados para bordo e falla transformante. Espero a opinión de Miguelferig. De paso estou arranxando artigos relacionados: dorsal oceánica (tamén preferiría "dorsal meso ou meiooceánica" ?), dorsal mesoatlántica, tectónica de placas, e creei o do rift.--Viascos (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:11 (UTC)Responder

Eu non vexo a necesidade de facer dous artigos, o concepto é pacticamente o mesmo; unha falla transformante por definición é un límite entre dúas placas (se a falla está na mesma placa sería unha falla transcorrente ou de desgarre). En en:wiki e noutras wikipedias teñen todo na mesma páxina: Transform fault coas redireccións transform boundary e conservative boundary. En canto a dorsal mesooceánica é un dos nomes que se lle dá na literatura, pero ten en conta que non todas están no medio dos océanos; a do Atlántico, que foi a primeira estudada, si, pero a do Pacífico ou Índico están bastante afastadas do centro deses océanos (se ben, en orixe, como o fondo se espande a partir delas, estarían no centro, pero despois a dinámica das placas pode facer cambiar isto). Entón dorsal oceánica non me parece incorrecto. Os dous termos úsanse na literatura.--Miguelferig (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 16:42 (UTC)Responder
Convénceme o teu razonamento Miguelferig, ainda que me segue gustando máis ter os tres lipos de límites baixo o mesmo nome. Por certo, se podedes, ti e Elisardojm botádelle un repaso a Terra, estíveno revisando e eliminando ligazóns vermellas. Pensaba propolo para artigo bo. --Viascos (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 21:29 (UTC)Responder
Eu póñolle o nome que mellor vexades Viascos e Miguelferig, tamén poden cambiarse o nome dos outros artigos para chamarlles a todos falla...Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 23:08 (UTC)Responder

Non, os outros artigos non son fallas, só o é este. En todo caso habería que decidir se cambiar este ou deixalo como está.--Miguelferig (conversa) 19 de xullo de 2018 ás 23:27 (UTC)Responder

Ups, perdón, non dixen nada entón. Viascos, revisarei o artigo Terra ós poucos pero pode levarme varias semanas. O que estou vendo está moi ben e eu penso que en vez de artigo bo, ben poderíamos facer un pequeno esforzo e que sexa de calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 08:48 (UTC)Responder

Viascos, xa revisei o artigo Terra, está bastante ben, salvo os tres últimos apartados, 7, 8 e 9, están moi pouco desenvolvidos con respecto ás outras partes do artigo, eu engadiría máis información, pasaríaos a outra sección ou eliminaríaos directamente. O artigo está perfecto para artigo bo, e penso que cunha pequena revisión das referencias podería ser artigo de calidade sen problema, para isto, quizais estaría ben botarlle unha ollada ó artigo en inglés que ten 240 refs. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2018 ás 08:52 (UTC)Responder

Eu pola miña parte interntarei traducir todas as imaxes que non están traducidas en canto teña tempo.--Miguelferig (conversa) 27 de xullo de 2018 ás 17:03 (UTC)Responder
Volver á páxina "Falla transformante".