Conversa:Eurocopa de Fútbol

Aviso de CommonsTicker

editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

ALE! engadiu o marcador de borrado No license en Image:Flag_of_Portugal.svg: no license(diff);

-- CommonsTicker 14:16, 15 febreiro 2007 (UTC)

Palmarés de países desaparecidos

editar

Penso que os títulos acadados pola Unión Soviética e Checoslovaquia, así como o subcampeonato de Iugoslavia, no se deben engadir ao palmarés de Rusia, Chequia e Serbia respectivamente pois hai outros países que formaban parte daqueles que teñen tanto dereito como os mencionados a atribuírse para si o mérito.

O caso de Alemaña é distinto xa que a nova Alemaña abarca á extinta Alemaña Occidental e absorve os seus títulos.

Se ninguén está en contra, corrixo o palmarés nese sentido.--Xosé Antonio (fálame sempre) 23:51, 1 de xullo de 2012 (UTC)

Non sei moi ben que será o habitual nestes casos nas wikipedias, pero a min paréceme lóxico o que propós, especialmente nos casos de Chequia e Serbia. Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 00:02, 2 de xullo de 2012 (UTC)

A FIFA considera oficialmente ás seleccións de Rusia e da República Checa herdeiras directas da Unión Soviética e Checoslovaquia, así como dos seus títulos, así que tal como están están ben. Un saúdo. (Hai referencias do tema nos artigos das seleccións en inglés). Saúdos.--Adorian (fálame) 11:52, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Edito, tamén pasa no caso de Serbia con Iugoslava. A consideración é tanto da FIFA como da UEFA en tódolos casos.--Adorian (fálame) 11:53, 2 de xullo de 2012 (UTC)

En fin, deixarémolo así. Esta é unha das tantas cacicadas da UEFA. É paradoxal que 8 dos 11 futbolistas que gañaron a final da Eurocopa de 1976 fosen eslovacos e que ese título llo concedan á República Checa: en:Slovakia national football team#History.--Xosé Antonio (fálame sempre) 15:50, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Volver á páxina "Eurocopa de Fútbol".