Conversa:Esteiro

Discussões ativas

Etimoloxia de esteiroEditar

copio isto aqui para manter unha discusion razonada e coido que pode ser util, sobre etimoloxia:

  • O usuario Xabier Cid borrou a mencion etimolóxica da paxina estuario (que estaba posto do latin "aestuariu"), non se retractou, e xustificao asi: etimoloxía é unha ciencia bastante cabalística e que, indo aos casos concretos, para explicar a etimoloxía dunha palabra hai que citar fontes, e o que é máis importante, épocas. Dicir que esteiro vén do latín (sic) aestuariu (sic) non é correcto: os meus coñecementos de etimoloxía non abondan para dicir en que época se rexistraba esta forma, porque quizais nesa época xa se perdese o -m do acusativo, pero quizais tamén xa non poidamos falar dun 'ae-', senón dun 'e-'.
  • resposta:
  1. a etimoloxia non é cabalistica para nada; ten lagoas onde faltan datos ou investigacion, como pasa en calquera ciencia; é unha situacion analoga á paleoantropoloxia, que ás veces falta "rexistro fosil", pero de aí a dicir que é cabalística .... enfin, estas afirmacions descalificanse por si soas.
  2. indo ao importante: calquera persoa con rudimentos de etimoloxia latina coñece a queda do 'm' final do acusativo, e por iso moitas veces se pon entre parentese, e outras veces nin se pon, Polo tanto, é valida calquera das tres opcions: "aestuarium" como "aestuariu(m)" ou "aestuariu" ; esta ultima foi a opción que eu tomei, para non complicar demasiado a explicacion. Hai incluso quen opta por poñela en nominativo e non en acusativo, ainda que neste caso, talvez o descoñeza, o nominativo tamén remata en m.
  • o que di de "os meus coñecementos de etimoloxía non abondan para dicir en que época ..." pode indicar certo egocentrismo desmesurado : os seus coñecementos de etimoloxia non é unha razon para borrar nada.
  • Por se necesitan fontes, citarei a Xulio Cesar en De bello Gallico: "... concisa aestuariis, navigationem impeditam ... " --Maañón 09:24, 20 agosto 2007 (UTC)
  •   Comentario Pareceme que o tema da etimoloxía corresponde máis para engadir no galicionario que na galipedia; pero de todolos xeitos compre expor o caso na taberna/propostas sobre as opcións posibeis e que a comunidade en xeral decida.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 14:41, 20 agosto 2007 (UTC)
  • Que teima coa etimoloxía de esteiro... Como ben ve vostede, cómpren amplamente dous parágrafos para xustificar con bastante exactitude a forma latina. A caída do -m final do acusativo é algo que probablemente sucede nunha época determinada, polo cal dicir que en latín era así é cando menos impreciso. Todas esas detalladas explicacións que son necesarias para que unha información etimolóxica sexa verídica e verificable (unha cita de César non é proba etimolóxica; a penas comprobación de que esa palabra existía en latín no século I), fan extremadamente complexo achegar este tipo de informacións na Galipedia. Os meus coñecementos chegan para saber que o que vostede escribiu ao comezo era incorrecto; porén, as miñas fontes non abondan para escribir dous parágrafos sobre a etimoloxía de esteiro, se este fose o sitio pertinente para facelo. Por outra parte, non vai esborroar a Galipedia por unha etimoloxía imprecisa ou falsa. Así que, se vostede máis ou menos entende as razóns que empreguei para borrar esa referencia no artigo inicial, xa me dou por satisfeito. E a partir de agora faga o que desexe coa etimoloxía de esteiro: se atopa un texto suevo onde se cite a palabra e decide que esteiro procede do suevo, eu non llo penso discutir. Saúde. --Xabier Cid 13:14, 23 agosto 2007 (UTC)
    • Ah, e ao revés que no dereito penal, onde as persoas son inocentes mentres non se demostre o contrario, na Galipedia as afirmacións hai que referencialas o que máis se poida pra evitar que alguén as borre por falsas. Non ao revés. --Xabier Cid 13:17, 23 agosto 2007 (UTC)
    • Isto non ten comparación co Dereito Penal, ten regras propias e sobre o borrado xa existen, rógolle User:Xabier Cid que se suxeite a elas. Lansbricae (Ti dirás) 22:34, 2 setembro 2007 (UTC)

Está vostede de acordo coa inclusión de información falsa e sen referenciar? Porque pensei que se trataba dese tema... Polo borrado xa pedín desculpas. Se os administradores entenden que ese borrado de 20 caracteres polo que pedín desculpas e que posteriormente xustifiquei é un ataque reprobable e personal contra o editor orixinal, tomarán as súas medidas e a min pareceranme xeniais en todo caso. Se o editor orixinal ten algunha conta pendente comigo, supoño que xa mo comunicará el. De feito, a discusión sobre ese tema non foi continuada ata que a recuperou vostede, non sei por que razón. --Xabier Cid 22:58, 2 setembro 2007 (UTC)

Volver á páxina "Esteiro".