Conversa:Escribenta das canaveiras

Último comentário: hai 4 anos de Miguelferig no tópico O/a escribente/escribenta

O/a escribente/escribenta

editar

Hai problemas con esta denominación. Escribenta é o nome utilizado na Guía de aves de Galicia de Penas Patiño e na lista de aves de Conde Teria. É un nome que resulta un pouco estraño na súa morfoloxía e, de feito, o DRAG non o acepta e utiliza no seu lugar escribente (e dá tamén como sinónimo escribidora). Por outra parte, o DRAG considera a palabra feminina (a escribente), pero o DiGalego considéraa masculina (por exemplo, escribente amarelo). O Digalego dá o nome de diversas especies perfectamente identificadas co seu nome científico e é a referencia que hai para eles. Eu creo que non se pode manter xa o nome escribenta, que está claro que non vai ser admitido e non se vai manter. Habería que cambiar os nomes de varias páxina de escribenta a escribente, pero aínda queda o problema do xénero masculino ou feminino, que afecta a casos como escribente amarelo/escribente amarela. Na miña opinión ten máis razón o DiGalego (que o considera masculino) que o DRAG. O DRAG considérao feminino (a escribente), pero parece que quixeron seguir a inercia do antigo nome escribenta, que era feminino. En portugués tamén é feminino, porque lle chaman escrevedeira. O sinónimo escribidora, que acepta o DRAG, é máis similar a esta forma portuguesa.--Miguelferig (conversa) 10 de febreiro de 2020 ás 10:12 (UTC)Responder

Volver á páxina "Escribenta das canaveiras".