Conversa:Embarazo

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

O único dicionario que teño a man (Cumio), algo antigo, trae a palabra embarazo con esta acepción. Así a todo, eu non recoñezo a palabra embarazo, coa acepción de preñe ou preñez da muller, como galega. É correcta? --Lmbuga Commons - Galipedia 10:10, 14 setembro 2007 (UTC)

Penso que si é correcto. Eu comecei o artigo partindo da Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter e alí aparecía como embarazo (aínda que non tiña por que ser correcto, claro). Ademais consultei no dicionario Xerais que teño na casa e no dicionario on-line da RAG na páxina da Consellería de Educación da Xunta, onde tamén figura ([1]). Saúdos. --MVF 10:24, 14 setembro 2007 (UTC)

  • Non sería mellor 2 artigos?: 1 Embarazo e 2 Embarazo humano. Pois este artigo no que escribo refírese ao embarazo humano. --Xoán Carlos Fraga 21:26, 12 de maio de 2010 (UTC)
Se cadra Preñez e Embarazo, pois unha cousa é a gravidez da femia e outra a da muller, se entendemos que hai diferencias cualitativas entre unha muller e unha femia. Xoacas(non te me poñas así) 22:11, 12 de maio de 2010 (UTC)
E xa que estamos: non é un pouco forzado considerar o embarazo como un fenómeno sexual? De acordo que unha cousa leva á outra, pero non sempre (existen os anticonceptivos e a fecundación in vitro) e só cando o sexo é heterosexual. Xoacas(non te me poñas así) 22:14, 12 de maio de 2010 (UTC)
Non son especialista en Anatomía (como en case nada), pero pódese poñer que é "un fenómeno habitualmente sexual (salvo en casos como a fecundación in vitro)" (sen poñer comiñas, claro) ou algo similar. Xoacas, seguro que se che ocorre algo aínda mellor. No dos 2 artigos penso que dás unha boa idea, deixar embarazo (para as mulleres) e crear preñez (para as femias, en xeral). Saúde. --Xoán Carlos Fraga 22:24, 12 de maio de 2010 (UTC)
Nunca calificaría eu o embarazo como un "fenómeno sexual" senón pura fisioloxía que, sen dúbida, será consecuencia dun acto sexual (ou médico, vale) previo. Pero outra consecuencia será o parto, o nacemento e ... a morte. Delimitade os fenómenos sexuais (e o modelo sexo) ós órganos e actos sexuais e teremos menos problemas semánticos. No segundo punto, probablemente embarazo sexa un termo que se aplique á muller (aínda que xa tiven clientas que me traían a cadela porque non querían que quedase embarazada), pero non creo que preñez ou xestación se apliquen exclusiva, nin maioritariamente, ás femias animais. Un terceiro aspecto: salvo tempos e número e tamaño do feto (e aspectos paralelos coma os mareos e os antollos), a xestación das femias dos mamíferos, incluída a muller, é un proceso absolutamente similar que debería describirse nun artigo único (eu prefiro xestación) do que, por tamaño do artigo, podería extraerse en plan artigo principal un embarazo para o caso da muller. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:47, 12 de maio de 2010 (UTC)
A miña proposta de diferenciar embarazo de preñez viña a conto da proposta anterior de Xoán Carlos de facer dous artigos onde agora hai só un, pero si que é certo que a preñez é tan humana como animal (refírome ao termo) pero, se hai que diferenciar, un deles é máis axeitado para a muller e o outro para a femia. Coa idea de que no hai diferencias entre a gravidez humana e a dos outros animais (nótese que digo outros) non podo estar de acordo polo que ten de fenómeno social (a familia e todo iso), político (pensemos na política de fillo único chinesa) e psíquico. Se hai que fiar fino neste artigo, a distinción imponse, penso eu. Xoacas(non te me poñas así) 22:57, 12 de maio de 2010 (UTC)
Pois agradecido, a Pedro e a Xoacas, polas vosas notas, porque dan no cravo.
  • Sobre o punto 1 de Pedro: Pois o artigo haberá que poñerlle etiqueta de revisión ou melloralo (ou as 2 cousas).
  • Sobre o punto 2: O do modelo Sexo ben directiño da wiki en portugués, e practicamente idéntico á wiki en inglés; eu entendo que o modelo Sexo non se refire só á Anatomía sexual, senón a varios aspectos relacionados co sexo, un dos cales é a anatomía (o modelo é claro niso). Mais tamén cabe a opción de cambialo e poñer só Anatomía, eu creo que é máis interesante como está -pois é máis completo- e crear outro modelo para a Bioloxía e o Sexo similar ao da wiki en pt seguinte [2].
  • Sobre o punto 3: Respecto ao dos 2 artigos, caben as 2 ópticas. Pode poñerse todo xunto (faltaría engadir a xestación animal) ou tamén en 2 se consideramos as dimensións que anotas, Xoacas. A min tanto me ten que haxa 1 artigo que 2, e penso que tampouco ese é un debate de importancia; hai outros artigos moito máis embrionarios que este (que xa ten extensión, haberá que revisalo) ou incluso inexistentes, e tarefas abondas por facer. A wiki en inglés fai 2 artigos: a) Pregnancy (mammals), para embarazo dos mamíferos e b) Pregnancy (=human pregnancy) para o embarazo humano, por se pode servir de orientación.
  • Ao final toda esta parola igual serve para mellorar a calidade da Wikipedia. Saúdos e moita sáude para todos os que escribides (e ledes). --Xoán Carlos Fraga 23:27, 12 de maio de 2010 (UTC)

Embarazo/preñazo editar

Se o artigo é sobre o embarazo, palabra que segundo o DRAG é para designar as xestacións humanas, non se debería utilizar preñazo ou preñez, que son palabras propias para designar a xestación en animais, aínda que popularmente[3] tamén se utilicen para falar de xestacións humanas, pero iso poderíase indicar nunha nota, pero non na primeira liña como se fosen nunha linguaxe elaborada o mesmo.--Sernostri (conversa) 2 de marzo de 2014 ás 16:02 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Embarazo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 12:33 (UTC)Responder

Quixen modificar a bibliografía porque ten máis dunha autora, mais non me deixou por estar protexida a páxina. O libro seríaː

  • Psicología del embarazo. Editorial Síntesis. 
Volver á páxina "Embarazo".