Conversa:Deutsche Eishockey Liga

Último comentário: hai 10 anos de JonnyJonny no tópico Equipos dominadores

Equipos dominadores editar

Realmente pódese dicir que Kölner Haie é un dos grandes dominadores da DEL? Eu persoalmente discrepo, non se pode comparar a traxectoria de Haie coa de Adler Mannheim ou Eisbären Berlin, xa que Haie conta só con 2 campionatos e 5 subcampionatos ademáis de 2 campionatos da liga regular, fronte aos 5 títulos, 3 subcampionatos e 4 campionatos da liga regular de Adler e os 7 títulos, 2 subcampionatos e 7 títulos de liga regular de Eisbären. O máximo dominio de Haie foi colleitando subcampionatos, mais polo que respecta aos títulos ou aos campionatos da liga regular (dúas cousas que para min si que marcan o dominio dun equipo), o seu papel é relativamente discreto. Propoño retirar a mención a Kölner Haie como un dos dominadores da liga. Un saúdo!! Piquito (conversa) 8 de maio de 2013 ás 10:17 (UTC)Responder

Paréceme xusta a túa dúbida, por iso engadín unha táboa histórica que argumenta a afirmación de que os 3 equipos mencionados son os grandes dominadores do torneo por riba do resto dos equipos. Nela pódese observar que en tódolos aspectos estatísticos están por diante dos demáis equipos participantes na liga, tanto en partidos disputados, gañados, goles anotados, puntos acadados, finais disputadas e títulos obtidos. Se cadra é certo que un dos tres equipos mencionados ten menos títulos que os outros dous, pero iso é circunstancial, xa que nunha final pódese gañar ou perder, pero iso non resta á hora de considerar que os dous finalistas son merecedores dunha consideración superior. Neste caso estamos a falar de 3 equipos que chegaron a 9, 8 e 7 finais, e o seguinte equipo chegou únicamente a 3, menos da metade, polo cal considero unha gran distancia entre uns e o resto. -- JonnyJonny (conversa) 8 de maio de 2013 ás 14:38 (UTC)Responder
Volver á páxina "Deutsche Eishockey Liga".