Conversa:Club Lemos

Último comentário: hai 2 anos de Nonsonninguen no tópico Quinto ou sexto?

Untitled

editar

Estades misturando a Serie A do antigo Campionato de Galicia (que existiu entre 1905 e 1940) coa Serie A Rexional ligueira, que foi creada en 1940/41. Son competicións diferentes.--Kiskiyosus (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 00:49 (UTC)Responder

Está marcado con cores distintas. Non queda claro xa así? En xeral as entradas de equipos galegos teñen bastante lío cos diferentes nomes que as categorías rexionais/autonómicas/comarcais/provinciais foron tendo ao longo do tempo. Habería que ir regularizánoo pouco a pouco. Paréceme que o lóxico sería poñerlles o nome que tiveron en cada momento, pero dándolle a mesma cor, por exemplo, a 1ª Autonómica, 1ª Rexional e á actual Primeira Galicia. Tamén remitirían á mesma entrada, claro.

Non é cuestión de cores. O antigo Campionato de Galicia non era parte da liga española, era outra competición distinta. Nese cadro teñen que aparecer as presenzas do Lemos na liga española.

Quinto ou sexto?

editar

Boas. Non estou seguro de que sexa acertado dicir que o Lemos é o quinto club de fútbol máis antigo de Galiza, o club monfortino foi fundado en 1924, mais o Bergantiños (de acordo co seu sitio web) foi fundado un ano antes, en 1923. Non sei se hai bibliografía ao respecto, mais atendendo a isto, o Lemos sería o sexto, mentres que o Celta e o Bergantiños estarían no cuarto e quinto posto (descoñezo o día de fundación do Bergantiños, polo que non podo dicir cal é anterior). Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2022 ás 13:26 (UTC)Responder

E tamén o Racing de Ferrol é máis antigo. Eu eliminaría esa parte e deixaríao en que "é un dos máis antigos de Galicia". Saúdos. Nonsonninguen (conversa) 16 de febreiro de 2022 ás 11:14 (UTC)Responder

O Sin Querer da Coruña é de 1922. O Libunca de Ferrol é de 1924.

Volver á páxina "Club Lemos".