Conversa:Club Atlético dos Castros

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Graciñas pola entrada, editei algúns erros ortográficos que había.


Asinado: un dos Castros—o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.117.115.54 (conversacontribucións) 10 de setembro de 2008 ás 17:13‎

Subxectividade editar

Que modificacións credes que se deberían facer para que se poida sacar o cartel de "subxectivo"? Jorges65 (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 16:32 (UTC)Responder

Hai que repasar a redacción e quitar ou cambiar expresións demasiado eloxiosas, e eliminar frases que non teñan relevancia como por exemplo a de "Tamén hai que destacar que varios socios deste club representan ao equipo en campionatos de mus nos cales obtiveron grandes resultados a nivel local.". Tes máis axuda sobre o punto de vista neutral nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 00:42 (UTC)Responder
Fixen algúns arranxos seguindo as túas indicacións, a ver que vos parece agora. Jorges65 (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 20:08 (UTC)Responder
Penso que agora está moi ben, para melloralo un chisco máis habería que cambiar as expresións que conteñen "actualidade" porque é un termo que debe evitarse nos artigos xa que é demasiado impreciso. Polo demais penso que xa non ten problemas de neutralidade pero deberías contactar co usuario HombreDHojalata, xa que el puxo o aviso, por se ve algún problema. Bo traballo e saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 08:17 (UTC)Responder

Neutralización editar

Eliminei algunha información dubidosa e non verificable coma a dos trofeos da sección "hóckey", á espera de atopar fontes fiables. Tamén eliminei a frase onde se di que foi semifinalista da Copa da Coruña 1979-80, xa que os semifinalistas daquela tempada foron outros: (1), e de feito o texto está trabucado porque o Ordes eliminou os Castros nos cuartos de final e non nas semifinais (2). Tamén eliminei o da camisola da selección porque semella que no artigo de Vieiros se fala figuradamente.

Saúdos. -Jorges65 (conversa) 8 de maio de 2017 ás 23:14 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 13 ligazóns externas en Club Atlético dos Castros. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 20:19 (UTC)Responder

Volver á páxina "Club Atlético dos Castros".