Conversa:Clima oceánico

Untitled editar

O mapa non é correcto, Galicia queda fóra da zona Oceánica, incluso o norte do país. Malia que o sur, e especialmente zonas da provincia de Ourense achéganse ao clima mediterráneo, o resto da rexión é de clima totalmente Atlántico.

Non é correcto. O clima oceánico, tamén chamado marítimo, atlántico ou morno chuvioso sen estación seca, coincide coas clasificacións climáticas de Köppen, Cfb (oceánico de verán suave) e Cfc (oceánico de verán fresco). As características concretas do clima Cfb coinciden coa grande maioría do clima galego, se exceptuamos zonas da provincia de Ourense, como a propia capital, que son unha transición do oceánico Cfb a mediterráneos continentalizados. É dicir, o clima oceánico propio da costa galega sofre unha progresiva degradación cara ao interior en dirección SE, manifestada en temperaturas máis estremas e veráns máis secos. --Paradanta (Cóntame) 11:59, 18 de novembro de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Clima oceánico".