Conversa:Chorima

Último comentário: hai 4 anos de Cesardelcano no tópico Untitled

Untitled editar

¿É seguro que non é certo que a flor do toxo se chame tamén alecrín? Eu téñoo escoitado por aí, e ben sabemos que neste noso país as cousas teñen vinte nomes por cada dez persoas que as nomean (o que, ó meu ver, é belido).

Tamén estaría ben referencia-la canción que dí iso. --Gatonegro 10:26, 25 marzo 2006 (UTC)

  • Teño oído o de alecrín e aparece no Gran Dicionario Xerais da Lingua. O que non aparece é xorima (tampouco en dicionarios portugueses) polo que substitúo este termo por alecrín --Lmbuga Commons - Galipedia 23:51, 14 xullo 2006 (UTC)
    • Vai a google e procura por Xorima. O certo é que practicamente o único que aparece é un grupo folc de hai un par de décadas, que eu recordo ben, e o que parece un "nick" de alguén. Xorima será unha variante dialectal (por certo, a miña - mindoniense?) de chorima. Igualmente, se procuras por alecrín verás que se trata do romeu. A canción esa que identifica a xorima co alecrín pode ser da filla de Ana Kiro, que non lembro como se chama.
    • Descoñecía que a palabra xorima existise na fala. Se se emprega na túa zona, pódese incorporar facendo unha especificación. A fala mindoniense te moitísimas peculiaridades no vocabulario, é q que máis ten de todas e eu non a domino. Quizais conviñese facer un artigo sobre a fala mindoniense, buscarei bibliografía.
Tes razón no do romeu, pero alecrín ten unha segunda significación que é a flor do toxo (Entrada alecrín no Gran Dicionario Xerais da Lingua). --Lmbuga Commons - Galipedia 10:33, 15 xullo 2006 (UTC)
  • Outro problema no vocabulario do artigo é veloso (non existe esa palabra) non sei se é un erro de escrita (velenoso) ou quere dicir que o froito ten moita lanuxe. --Lmbuga Commons - Galipedia 10:33, 15 xullo 2006 (UTC)

chorima e alecrín editar

  • A única fonte que dá "alecrín" como flor do toxo é o Gran Xerais. Ningunha outra fonte (dicionarios, vocabularios, etc.) coincide con esa acepción, aínda que Aníbal Otero o recolle co significado de alacrán e Rivas Quintas como alhelí. A frase da canción pode referirse perfectamente ó romeu e non ó toxo, pero a falta de máis contexto vai saber. Así que eu me quedaría co romeu (diga o que diga o Gran Xerais) e, como moito, poría unha nota de dúbida nesa referencia da canción.
  • Por certo, que a Eladio Rodríguez e Franco Grande (que copia daquel) tamén lle dan á chorima o significado de flor do piorno (os maios famosos). Tanto pode ser confusión como unha mesma denominación para dúas flores semellantes.
  • Pedro --Lameiro 22:17, 20 xullo 2007 (UTC)
Volver á páxina "Chorima".