Conversa:Chisquietos da Laracha

Untitled editar

Dubido se poñerlle o marcador de lixo por falta de relevancia, en internet só aparecen en dous guións de Luar por participar nun dos concursos de Luar, pero ese feito por si só é motivo de relevancia?, entenderíase se iso implicase que a parella se fixo coñecida, e polo tanto adquiriu relevancia, pero cando menos de lle facer caso a internet iso non pasou. A miña opinión é que se debería borrar pero quixera que máis xente dese a súa opinión.--Cheluco 15:12, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Na miña opinión, hai que evitar é que pase o que está pasando na es:wp, onde todo concursante de OT ten o seu artigo, por fugaz que fose o seu paso polo concurso. Merécenme moito respecto os artistas, sobre todo os que se esforzan por manter o noso folclore, pero non creo que o seu lugar sexa unha enciclopedia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:39, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Marcado para borrado rápido.--Cheluco 16:00, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Chisquietos da Laracha".