Conversa:Caza de focas

Último comentário: hai 3 anos de Elisardojm no tópico Fusión con foca

Untitled editar

Persoalmente estou nun 100% en contra da caza de focas, pero... non é o caso nin este é o sitio. O que quero dicir é que este artigo é parcial e sesgado a favor dos que están (estamos) en contra, ata o punto de semellar máis un panfleto que un texto enciclopédico. A única opinión que se recolle do bando a favor está, tamén, buscada a propósito, desde logo, e demostra o desinterese de buscar e contrastar fontes e posturas. A maiores, o artigo contén datos contraditorios e outros fallos facilmente subsanables. Pedro --Lameiro (conversa) 22:56, 26 decembro 2009 (UTC)

Non entendo ben a que se refire o artigo, a toda caza de focas?, logo habería que falar tamén da caza tradicional que realizou durante séculos a poboación nativa do ártico.--RNC 00:34, 27 decembro 2009 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Caza de focas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 20:32 (UTC)Responder

Fusión con foca editar

Non é lóxico ter un artigo do animal e outro da súa caza. Entón habería un artigo chamado caza de xirafas, outro chamado caza de elefantes...

E é un artigo moi imparcial, non se pon os beneficios (non sigifica que estea a favor de cazar baleas, todo o contrario) Usuario Sin Identidad (conversa) 28 de maio de 2020 ás 18:43 (UTC)Responder

Pois si, en principio podería haber artigos sobre caza de elefantes, xirafas, lobos ... se hai referencias non hai nada na política da Galipedia que impida ese tipo de artigos. Mesmo temos un artigo sobre a caza de baleas en Galicia. Non lle vexo sentido á fusión, se o artigo está mal hai outros marcadores máis acaídos.--HacheDous=0 (conversa) 28 de maio de 2020 ás 18:50 (UTC)Responder
Eu tampouco vexo a necesidade da fusión, este artigo pode ser independente sen problema, hai información abondo sobre o tema, outra cousa son outros erros que poida ter e que habería que amañar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 19:57 (UTC)Responder
Volver á páxina "Caza de focas".