Conversa:Castelo de Lobeira

Untitled editar

Lobeira pertence ao concello de Vilanova de Arousa.

Un cordial saudo.

Concordo en parte, o monte limita cos dous concellos, pero é certo que o mirador onde se ubicaba o castelo está ubicado no concello de Vilanova de Arousa. Correxirei o erro. Lansbricae (Ti dirás) 15:06, 11 maio 2007 (UTC)

¿En memoria do Serpent? editar

Na última sección deste artigo dise que "Por aquel entón había decote traxedias de navíos nestas costas, por mor do cal se asentou neste cumio o símbolo da fe cristiá, para render así homenaxe a tantas vítimas e sufrimentos que se foron dando co decorrer do tempo. Entre estas traxedias destaca o afundimento do buque-escola Serpent, que provocou unha gran conmoción, polo que o almirantado británico colocou nunha das rochas do miradoiro unha placa con inscrición inglesa para lembranza destes mariños".

Non sei se no Monte Lobeira haberá tal placa polo afundimento no Serpent, pero sorpréndeme moito porque este barco se afundiu na punta Corno do Boi, en plena Costa da Morte, moi lonxe de Lobeira. Alá, no "cemiterio dos ingleses", si que hai tal placa.

Pedro --Lameiro (conversa) 00:04, 1 decembro 2007 (UTC)

Si en memoria do Serpent, e é certo, afundiu ena costa da morte, incluso hai quen pensa que afundiu gracias a piratas de costa (famososo por mover luces para confundir cos faros reais e esi lebar os barcos as pedras), pero onde ia a parar a armada inglesa veran tras veran era ao porto de VIlagarcia de Arousa, (ali mesmo existe un cemiterio da mariña inglesa ao lado do cemeterio municipal, era coñecido por moitos maiores porque cando morria un mariño e o enterreban alí regalaban chocolate), e por elo a placa que está na mespa pedra do cumio onde se atopa o cruz, foi posta no monte mais proximo ao porta de Vilagarcia, que é o de Vilanova. En canto aos lindes do concello de Vilanova de Arousa e Vilagarcía, indicar que mais dunha vez ten intentado Vilagarcía apropiarse dos terreos de Lobeira en base a extensión frubulenta tanto das parroquias do Sito, coma de Rubians, pero o certo é que o mais preto que está Vilagarcía do cumio de Lobeira (lugar onde se atopaba a fortaleza) é de 50 metros en linea horizontal, e tendo en conta a localización e a orografia son mais de 100 metros en linea vertical, moitisima distancia se temos en conta que o monte en sí é duns 298 metros de altitude sobre o nivel do mar.... pero o interese de Vilagarcia polo monte en si é moi entendible sobre todo de cara a proxeción turistica que podería acadar, (de feito moita propaganda turistica feita neste concello vincula o monte como propio, anque as continuas demandas por parte da cofradía de montes de Andras "Vilanova" teñen demostrado o contrario mesmo fora e dentro dos xuzgados cando ten sido necesario). Por elo cambiei a referencia a castelos de galicia- vilagarcía de arousa pola de Vilanova.

Volver á páxina "Castelo de Lobeira".