Conversa:Cara al Sol

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (abril 2019)

Untitled editar

Dilema: Agustín de Foxá, o escritor, morreu en 1959, se aplicamos aquilo dos 70 anos os dereitos de autor deberían terminar no 2029. A letra pertence aos seus herdeiros ata entón, e nós non temos permiso para publicala aquí. Xoacas(sólo la puntita) 20:08, 31 de maio de 2010 (UTC)

Non me parece un dilema. Se é así, haberá que borrar a letra. O normal é que apenas aparezan letras nas Wikipedias, dado que case todas están baixo o dos 70 anos, e moi poucas usarán unha licenza libre. De todos xeitos, cómpre discutir estas cuestións nalgures (na taberna?) por se alguén ten algo que achegar respecto dos seus dereitos de autor. ─ GallaecioE logo? 21:08, 31 de maio de 2010 (UTC)

¿Os dereitos tamén incluen a letra? Esta situación entón paréceme cómica, xa me imaxino ós falanxistas tengo que pagar á SGAE.--Carronada (Si me quieres escribir, ya sabes mi paradero) 23:08, 31 de maio de 2010 (UTC)

Cómica é, pero ti espera, a ver se vas ter que pagar ti tamén polo "si me quieres escribir..." que tes de cola. Xoacas(sólo la puntita) 23:30, 31 de maio de 2010 (UTC)

A letra está en todas as wikipedias que vin. Non entendo por que aquí si que tomamonos o tema tan en serio. Pero facede o que queirades. --83.35.148.206 11:41, 6 de abril de 2012 (UTC)

Ademáis entendendo que ó ser unha letra coñecida pola maior parte dos españoles (polo menos os primeiros versos), e un dos símbolos que por desgraza marcou máis de corenta anos de historia do noso país, debería aparecer aquí a súa letra. --83.35.148.206 16:45, 6 de abril de 2012 (UTC)

O Estado compra a partitura editar

http://www.elmundo.es/elmundo/2000/04/05/sociedad/954969676.html

Entendo polo tanto que pasa ao dominio público ao ser un ben do Estado Español e non dunha persoa física.

Saúdos --83.54.79.31 13:55, 7 de abril de 2012 (UTC)

Letra editar

Segundo o Decreto 226 publicado no Boletín Oficial do Estado o día 27 de febreiro de 1937, no seu artigo 2º:

Se decla­ran cantos nacionales y serán acogidos con la consideración, respeto y alta estima que la glo­riosa campaña ha consagrado, los Himnos de «Falange Espa­ñola», de «Oriamendi» y de «La Legión», debiendo, en los actos oficiales que se toquen, ser es­cuchados en pié como homenaje a la Patria y en recuerdo a los gloriosos españoles caldos por ella en la Cruzada.

.

Este decreto foi utilizado como base por unha xuíz no xulgado de 1ª Instancia nº21 de Barcelona para declarar o himno en 1996 como:

considera que el Cara al sol es una especie de patrimonio histórico, un obligado patrimonio musical que padecieron las gargantas, los tímpanos y la materia gris, en general, de las generaciones de españoles que vivieron la guerra civil y padecieron los rigores de la inmediata posguerra.

.

--AMPERIO (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 11:31 (UTC)Responder

Segue sen estar claro. Hai unha sentenza de 1996 dun xulgado de primeira instancia, sobre un caso concreto de inclusión, nunha película concreta.
¿Esa sentenza declara a obra no dominio público en xeral para calquera uso?
¿Houbo recurso/s? En caso afirmativo ¿que foi deles?
¿Esa sentenza ampara a inclusión na Wikipedia e ao editor que fai a inclusión?
¿Houbo máis demandas posteriores pola mesma obra reproducida por outras persoas noutros contextos?
De non ter claras as respostas, eu non andaría a xogar coa SGAE neses temas e borraría a letra do artigo (e do historial do artigo). --. HombreDHojalata.conversa 10 de xullo de 2016 ás 21:44 (UTC)Responder
Unha sentenza dun xulgado de primeira instancia non senta xurisprudencia, só as do Supremo poden facelo. Tampouco esa sentenza indica explícitamente que a obra se considere de dominio público en xeral. Nin hai dominio público nin licenza compatible CC, polo que habería que borrar a letra. Banjo tell me 10 de xullo de 2016 ás 22:22 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (abril 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cara al Sol. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de abril de 2019 ás 19:26 (UTC)Responder

Volver á páxina "Cara al Sol".