Conversa:VIII Rexión Militar

(Redirección desde «Conversa:Capitanía Xeneral de Galicia»)
Último comentário: hai 9 anos de HombreDHojalata no tópico Xeral / xeneral

Xeral / xeneral editar

Xeneral (Xefe militar de máis alto grao no exército de terra ou do aire) e non Xeral (Que se refire ao conxunto de individuos, de casos, de detalles etc., e non a cada un en particular.). Entendo que era unha institución militar. --AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 13:24 (UTC)Responder

Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xeneral.
Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xeneralato.
Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Xeral.

--AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 13:25 (UTC)Responder

Que fora unha institución militar ou non (era algo máis ca unha institución militar) é irrelevante para o caso. A institución é "Xeral" (dúas sílabas) e o xefe un "xeneral" (tres sílabas), e isto que digo concorda exactamente coas definicións que dás.
Lee con detemento o extenso artigo da GEG que che enviei e fíxate como, ao longo de todo o texto, o doutor Álvaro de Arce y Temes fai a distinción, perfectamente, en todo momento. --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2014 ás 19:04 (UTC)Responder
Teño que rectificar o que dixen o ano pasado e pedir desculpas, dado que o DiRAG di (grosa engadida):
capitanía
substantivo feminino
  1   Cargo de capitán.
  Aspiraba á capitanía.
FRASES E EXPRESIÓNS CON capitanía
Capitanía xeneral
  1   Cargo de capitán xeneral.
  Tomou posesión da capitanía xeneral.
  2   Residencia e oficinas do capitán xeneral.
  Nesta cidade está a capitanía xeneral
--. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2015 ás 10:50 (UTC)Responder
@HombreDHojalata: Entón haberá que mudar as ligazóns cara Capitanía Xeral non?--AMPERIO (conversa) 1 de xaneiro de 2015 ás 12:42 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Xa llo pedín ao bot do amigo Amperio. --. HombreDHojalata.conversa 1 de xaneiro de 2015 ás 12:54 (UTC)Responder

Volver á páxina "VIII Rexión Militar".