Conversa:Birlos

Último comentário: hai 2 anos de Ifrit.eu no tópico Nome do artigo

Proposta de unificación editar

Non sei se non deberíamos unificar esta páxina coa de Birlos Celtas. Os birlos que describe este artigo só responde á modalidade derribo. Sendo que ao meu entender debería describir ambas as dúas: derribo e pasabolos, e logo remitir nun artigo dintinto cada una delas. Varperalta (conversa) 18 de xuño de 2020 ás 08:01 (UTC)Responder

Gústame como teñen organizado na Wikipedia en inglés. Teñen un artigo xeral sobre os xogos con birlos (Bowling) e despois artigos para cada modalidade ou variedade (Ten-pin bowling, para o xogo máis coñecido por influencia dos EUA; Bowls, para a modalidade sobre herba; Irish road bowling; para a variedade irlandesa que se xoga na estrada; Skittles, para o xogo histórico orixinal, etc., etc.) Ifrit.eu (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 12:59 (UTC)Responder

Nome do artigo editar

Penso que este artigo debería chamarse 'Birlos americanos' (ou Birlos estadounidenses), pois só describe a modalidade "de salón" xogada con dez birlos popular nos EUA e dende aí en practicamente todo o mundo. Outra opción sería manter o nome de 'Birlos' e facer un artigo central máis amplo sobre os xogos con birlos, as súas orixes e demais; e crear o artigo 'Birlos americanos', a onde se movería este contido. --Ifrit.eu (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 13:09 (UTC)Responder

Volver á páxina "Birlos".