Conversa:Atún vermello

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

É o mesmo o atún e o bonito?--Arco de Rayne 18:48, 21 xuño 2008 (UTC)

Non, non son o mesmo pero é que non hai un peixe que se chame "bonito" (hai dúas especies, o "bonito", sen apelidos, Sarda sarda; e o bonito do norte, Thunnus alalunga) e moitas especies de "atún", moitas máis da "ducia" que di o artigo.

  • Tampouco é certo que sexan do xénero Thunus spp. Son varios xéneros diferentes da familia Scombridae (que contén outras especies que non son atúns).
  • "algúns son de sangue frío". Que eu saiba, todos, como peixes que son. Ve-lo que segue dicindo o mesmo artigo.
  • "chegando a ter un prezo de 200 dólares estadounidenses por libra". ¿e que dato é este na nosa Galipedia?
  • "golfiños e tiburones que se alimentan dos atúns". Os golfiños non se alimentan de atúns, nin moito menos. Sobrenadan os bancos de atúns porque estes son moi eficaces á hora de detectar peixe, peixe pequeno que é o que comen os dous: atúns e golfiños.
  • "En España as variedades máis consumidas e comúns son o atún vermello Thunnus thynnus e o bonito do norte Thunnus alalunga". Sen ter ningunha referencia -como supoño que tampouco ten o autor-, apostaría o que queirades a que diso nada. O atún vermello está case en extinción e págase a prezo de ouro, e o bonito do norte (ou atún branco) é tamén case un artigo de luxo. Todo o que comemos baixo o nome de "atún", sen especificar, é, sobre todo, Katsuwonus pelamis (listado, skipjack) ou Thunnus obesus (patudo, bigeye). Se estamos dispostos a pagar máis e compramos "atún claro", é Thunnus albacares, atún de aleta amarela ou yellow fin.
  • A elaboración caseira de conserva de atún é unha práctica perigosísima e eu nunca facilitaría ó lector unha web que explicara cómo facelo.

Pedro --Lameiro (conversa) 19:54, 21 xuño 2008 (UTC)

  • Se podes corrixir o artigo mellor, senón cos datos que dás intentarei corrixilo eu, pero insisto se o podes facer ti mellor, tes coñecementos de primeira man.--Arco de Rayne 19:59, 21 xuño 2008 (UTC)
    • Fareino, logo, pero ... se o sei, calo ;-) Pedro --Lameiro (conversa) 20:01, 21 xuño 2008 (UTC)


Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Atún vermello. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 00:38 (UTC)Responder


Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Atún vermello. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 07:06 (UTC)Responder

Volver á páxina "Atún vermello".