Conversa:Arra, Sanxenxo

Untitled

editar

Di o artigo que "San Amaro de Arra era unha parroquia, hoxe incluída na de Santa Mª Adina de Portonovo". Xa o vin noutros artigos de lugares da Adina pero non sei de onde sae iso. Tanto no Nomenclátor como no IGE constan como dúas parroquias distintas; tamén no Mapa das Parroquias de Galicia e na Gran Enciclopedia Galega. Pero na web do concello de Sanxenxo di que é un "anexo", o mesmo que Gondar, que tamén aparece como parroquia propia nesas 4 fontes. No noso artigo da parroquia de Gondar non facemos tal distinción. ¿Alguén ten forma de confirmar isto? Pedro --Lameiro (conversa) 23:58, 2 de novembro de 2010 (UTC)

En calquera caso este tipo de consideracións refírense, se non ando errado, á organización interna da administración eclesiástica, que ademais é algo cambiante. Polo que eu entendo, o que nos interesa a nós é a parroquia como unidade de articulación social e territorial, e sobre iso o que debería pesar máis é o que di o Nomenclátor. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:03, 3 de novembro de 2010 (UTC)

  • Tamén os concellos e lugares, entendidos como "articulación social e territorial", son cambiantes: a historia reciente está chea de agregacións e desagregacións. Concordo en que a nós nos interesa máis ese aspecto territorial có relixioso pero, no caso de Arra e doutras que irán aparecendo, teriamos que manter, entón, a figura de parroquia hoxe vixente (quero dicir, en presente), por máis que o bispo decidise anexionala á parroquia veciña. Aínda así, se existise a posibilidade de confirma-la división eclesiástica, sería un dato a engadir nun segundo parágrafo. ¿Non terá o bispado unha listaxe oficial de parroquias? Pedro --Lameiro (conversa) 14:34, 3 de novembro de 2010 (UTC)
Volver á páxina "Arra, Sanxenxo".