Conversa:Anel Único

Untitled editar

Ao meu parecer, a tradución deste artigo está rematada tal como está. Se se consulta o orixinal en lingua inglesa notarase que no artigo galego faltan algunhas das seccións daquel. Decidín deixar fóra eses apartados porque uns son meras elucubracións acerca do simbolismo de anel e da posible inspiración de Tolkien, e outros son, na miña opinión, irrelevantes e/ou sen referencias, como é o caso dos poderes do anel (forte tema de discusión na páxina de conversa inglesa) e as veces en que foi utilizado o anel. Estes dous últimos exemplos semellan máis unha vontade consciente de alongar innecesariamente un artigo xa longo en por si. Un saúdo a todos. --Manudosde 20:56, 5 xaneiro 2008 (UTC)

Volver á páxina "Anel Único".