Conversa:Amazona brasiliensis

Último comentario: Elisardojm hai 6 anos no fío "A Chave"

A Chave

editar

Unha pregunta: Quen é a Chave exactamente? É algún grupo con carácter institucional ou particular? Dígoo porque usa palabras que non recomenda o DRAG, como a termínación -deos para as familias. Por exemplo, Phasianidae sería Fasianídeos (o DRAG dí fasiánidos e homínidos e non hominídeos, por exemplo), tamén din abutre en vez de voitre (que nin mencionan), cando voitre é o que vén no DRAG e abutre non aparece. Á gaivota Rissa tridactyla polo visto hai que chamarlle "garrucho" en vez de gaivota. Inclúen unha chea de voces amerindias usadas en Brasil para aves, que non é mala idea en xeral se se fai con prudencia, pero algunhas veces son discutibles tendo en conta os nomes coincidentes de certas aves nas linguas máis coñecidas, das que nalgún caso se apartan estes americanismos; esas voces nin sequera son propiamente de orixe portuguesa (ou, se queredes, galego-portuguesa). Un caso claro é o de anhinga palabra amerindia usada en portugués e internacionalmente como nome científico (e como é tan internacional podiamos usala tamén en galego, añinga), pero que A Chave non quere usar e chámalle bitatunga (pero se non propio Brasil lle chaman anhinga!!). Aquí, neste papagaio, a cal das definicións de "roxo" do DRAG se refire? (xa sei que as palabras para as cores son un pouco caóticas en galego). En portugués roxo pode significar violeta ou purpúreo (e antigamente significaba vermelho), e efectivamente, véndolle a cara é máis ben violeta clara, e ten vermello enriba do peteiro e azul detras dos ollos e un degradado violeta en medio. Só é por saber, porque non estou informado de quen é A Chave, e de se as súas propostas están oficializadas dalgún modo. Busquei a Chave no Google e non atopei nada nunha primeira procura rápida.--Miguelferig (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 18:48 (UTC)Responder

[1] Segundo se deduce do quen somos da súa web o autor da obra é unha única persoa, aínda que no libro non figura autor ningún. Pero como norma xeral, creo eu, que as obras que se utilicen como referencia deben seguir os criterios da RAG, o que non impide que nalgún caso en concreto non se axusten a ela. Non sei cal que o caso en xeral desta obra, segue os criterios da RAG? .--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 19:07 (UTC)Responder
No caso da de Rissa tridactyla é o propio DRAG quen oficializa a forma garrucho, entrada garrucho [2]. Por certo que agora o noso artigo é Gaivota tridáctila, habería que valorar movelo ou ben engadir varias fontes acreditadas para manter o nome actual.--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 20:21 (UTC)Responder

  Comentario A todo isto, independentemente da fiabilidade da fonte, esta indica o nome como "Papagaio de cara azul", non roxa. Banjo tell me 25 de agosto de 2016 ás 20:53 (UTC)Responder

Pois si que é verdade, hai que movelo ao que indica a fonte.--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2016 ás 21:22 (UTC)Responder
Movino de novo ó nome científico xa que non hai unha Wikipedia:Fontes fiables para referenciar no nome común en galego. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2018 ás 01:22 (UTC)Responder
Volver á páxina "Amazona brasiliensis".