Conversa:A Rianxeira

Untitled editar

Vexo que a cousa vai de eliminar contidos sen moitas contemplacións. Do século XX é a composición musical (que terá o copyright que queiras), pero o que vén sendo a letra coido que é anterior e de caracter popular, polo que ninguén pode posuí-los dereitos da letra. Antes de eliminar contidos hai que ver estas cousas, porque non facelo é unha actitude gravemente desconsiderada. --Alberte Si, dígame? 20:22, 31 de maio de 2010 (UTC)

Consideracións morais aparte: "Foi composta nun principio en Bos Aires en 1947 a proposta de Anxo Romero Loxo, quen compuxo a musica, nunha reunión no Centro Rianxo na que se atopaba a directiva e mais Xesús Freiro Dourado "Pinciñas", compositor da letra." Ergo, en 1947 o autor da letra estaba vivo. Xoacas(sólo la puntita) 21:03, 31 de maio de 2010 (UTC)

Segundo a ligazón externa da referencia a letra non é a orixinal de Pinciñas é a que popularizou o coro Bernardo del Río, que supoño que foi unha desas composicións populares nas que se baseou Pinciñas, se é así a letra de Pinciñas ten dereitos pero a que é popular hoxe, e que era a que estaba no artigo, non: é a que se canta o último día das festas Guadalupe en Rianxo, segundo di o texto, polo tanto é un tema popular que non pode ter dereitos..--Kamakic 21:39, 31 de maio de 2010 (UTC)

Perfecto. O que procede agora é editar o artigo e aclarar todo iso que non está claro nel. Voluntarios...? Xoacas(sólo la puntita) 21:54, 31 de maio de 2010 (UTC)

Volver á páxina "A Rianxeira".