Conversa:1769

Engadir conversa
Discussões ativas

UntitledEditar

  • Ese dato sobre a chegada da pataca a Galiza está totalmente errado.
    • Non atopo a data da introdución da pataca en Galicia, pero o certo é que´foi anterior ó 1769. Jerónimo del Hoyo cita as patacas en Galicia xa en 1607, nunha horta dun mosteiro de Herbón. Parece ser que a primeira testemuña exacta é de 1736, nun preito do párroco de Santiago de Bravos (Viveiro) contra os fregueses por cultivar sen pagar dezmos "unha especie de fruta que chaman castañas mariñas, o criadillas de la terra". Antes de 1768 hai constancia do seu cultivo en Lugo e Ourense.
    • Segundo Lucas Labrada, a partir da crise cerealista (e a fame consecuente) de 1768-1769) foi cando se producíu a extensión do cultivo e deixou de ser dedicado a alimento dos porcos para servir de alimento á xente máis necesitada. E de aí pode vi-lo dato que discutimos nesta efeméride.
    • Pedro --Lameiro (conversa) 13:33, 3 novembro 2007 (UTC)
Volver á páxina "1769".