Conversa:.gal

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Sería interesante poñer o logo que se atopa na Páxina web oficial de .gal, pero non sei como se faría, ¿quen o pode xestionar?.--QuatriNauta 10:54, 2 decembro 2007 (UTC)

Eso vai ser difícil, normalmente os logos teñen todos os dereitos reservados, 1º tes que ver se é unha imaxe libre ou con licenza GFDL, se non é así, xa non tes nada que facer, se non teñen todos os dereitos reservados, serían uns ousados xa que calquera podería roubarlles o logo, pero ti poderías falar con eles e que che firmaran unha autorización de uso, pero xa che digo véxoo complicadísimo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 12:23, 2 decembro 2007 (UTC)

.gal e PuntoGal editar

Lin nun artigo da sección Galicia de El País, que Galicia logra o seu dominio, polo cal, creo que é o momento de romper a redirección que se fai cando escribes .gal do artigo sobre a asociación PuntoGal, para así escribir o artigo sobre o dominio que, según el país, entrará en funcionamento en setembro de 2009. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 21:15, 25 febreiro 2009 (UTC)

  • O caso é que esta artigo xa fala, fundamentalmente, do dominio .gal, e só o primeiro parágrafo (e outro ó final) fai referencia á asociación Puntogal, así que supoño que a solución sería volver a titulalo .gal e converter ese primeiro parágrafo nunha sección, necesaria xa que, segundo parece, esa asociación puido influír decisivamente na existencia do dominio. Deste modo, desaparecería o artigo Puntogal. Pedro --Lameiro (conversa) 22:34, 25 febreiro 2009 (UTC)

¿Que tipo de dominio é .gal? editar

Non entendo moito disto pero non semella lóxico que .gal estea clasificado como Dominio de primeiro nivel xenérico e os dominios de tódolos demais países estean como Dominio de primeiro nivel xeográfico. ¿Xeográfico, xenérico? Non ten moito sentido. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 19:12 (UTC)Responder

Os xeográficos son os dominios de estados oficiais, os demais son xenéricos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 22:40 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en .gal. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 21:21 (UTC)Responder

Volver á páxina ".gal".