Conversa:Ínhigo Ansotegui

Último comentário: hai 9 anos de Sernostri no tópico Untitled

Untitled editar

Non estou seguro da súa categorización como Personalidades da empresa de Galicia. É relevante por isto? --Norrin (Fálame) 20 de maio de 2014 ás 13:21 (UTC)Responder

Norrin, quizai esta persoa non é relevante nese campo, pero entendo que a categoría abrangue a todos os empresarios e empresarias galegas. Ao meu entender, si que debe permanecer nunha categoría que indique o seu papel como empresario, aínda que este non sexa o nome correcto.
Outras das categorías comodín que cumpriría revisar é Categoría:Personalidades da lingüística. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de maio de 2014 ás 13:40 (UTC)Responder
Estevo(aei) Buf, iso está por ver... entendo que as categorías son para categorizar segundo a relevancia, como todo na wiki... Hai unha morea de persoas que son (tamén) empresarios, mais entón a Categoría:Personalidades da empresa de Galicia deixaría de ser útil, non cres? (Tampouco é que me vaia a vida nisto, mais...). Sobre o que comentas da de lingüística, eu non entendo nada dos diferentes "campos da lingüística", ou se a "lingüística" e a "filoloxía" son o mesmo ou non, ou a filoloxía parte da 1era... Non me importa traballar niso, mais preciso dunha guía ;) --Norrin (Fálame) 20 de maio de 2014 ás 13:44 (UTC)Responder
O problema aquí desde o meu punto de vista é que no artigo non se constata que é empresario, o único que pon no artigo é "traballa no sector vitivinícola de Valdeorras", se nin sequera ten relevancia a súa actividade empresarial (se a ten que eu non sei se é empresario ou non) para figurar no artigo non debe estar clasificado como personalidade da empresa.--Sernostri (conversa) 20 de maio de 2014 ás 13:56 (UTC)Responder
Volver á páxina "Ínhigo Ansotegui".