Control (filme de 2007)
Control é un filme inglés dirixido por Anton Corbijn no 2007, baseado na vida do cantante de Manchester Ian Curtis.
Control | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Control |
Director | Anton Corbijn |
Produtor | Anton Corbijn Todd Eckert Orian Williams Iain Canning Peter Heslop Tony Wilson Deborah Curtis |
Guión | Matt Greenhalgh Deborah Curtis |
Intérpretes | Sam Riley Samantha Morton Toby Kebbell Alexandra Maria Lara |
Música | Joy Division New Order |
Fotografía | Martin Ruhe |
Montaxe | Andrew Hulme |
Estrea | 2007 |
Duración | 120 min |
Orixe | Inglaterra |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.controlthemovie.com | |
Elenco
editar- Sam Riley como Ian Curtis, a principal figura da película e vocalista de Joy Division.
- Samantha Morton como Deborah Curtis, muller de Ian Curtis, que casaron moi novos. O filme mesmo está baseado nas memorias de Deborah coa súa experiencia de Ian Curtis e Joy Division.
- Alexandra Maria Lara como Annik Honoré, unha xornalista belga e empregada da embaixada belga. Tivo un affaire con Ian Curtis despois dunha entre coa banda, exacerbando a tensión entre Ian e Deborah.
- Toby Kebbell como Rob Gretton, o manager da banda.
- Joe Anderson como Peter Hook, o baixo de Joy Division.
- Craig Parkinson como Tony Wilson, o propietario de Factory Records, selo que distribuíu a Joy Division.
- James Anthony Pearson como Bernard Sumner, o guitarrista e teclado da banda.
- Harry Treadaway como Stephen Morris, o batería de Joy Division.
- Andrew Sheridan como Terry Mason, o representante do grupo antes da chegada de Rob Gretton.
- Robert Shelly como Twinny, un roadie da banda.
- Matthew McNulty como Nick Jackson
- Ben Naylor como Martin Hannett, produtor e cofundador de Factory Records con Tony Wilson.
- John Cooper Clarke como el mesmo, un artista. No filme representa o seu poema "Evidently Chickentown" nunha recreación dun concerto dos 1970.
- Lotti Closs como Gillian Gilbert, moza de Stephen Morris e ocasionalmente guitarrista nos concertos de Joy Division.
- Nicola Harrison como Corinne Lewis, unha muller con epilepsia que Ian Curtis coñeceu no seu traballo, inspiroulle a canción "She's Lost Control".
- Herbert Grönemeyer, como médico.
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |